Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Cooperativa Xallas acolleu unha xornada técnica do sector lácteo galego

Xornada cooperativa Xallas I
A Cooperativa Xallas acolleu unha xornada técnica do sector lácteo galego

Organizaba onte a Cooperativa Xallas unha xornada informativa dirixida ao sector gandeiro e agrícola. Unha cita que serviu para repasar as cifras de incidencia dun sector fundamental en varias comarcas da Costa da Morte. Por exemplo, o aumento na produción de leite en Galicia, que sube ata o 5,76% dende 2015, superando a media estatal (4,8%), demostrando así a constante innovación do sector lácteo galego.

A sesión, na que participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, afondou sobre a necesidad de abordar un Plan estratéxico que afronte situacións como a renovación xeracional nas explotacións, a reorientación da produción e a xeración de valor na cadea ou a promoción dos produtos lácteo.
O asociacionismo, a formación, investigación e man de obra na industria ou a sensibilización da sociedade sobre a importancia deste eido produtivo, tamén saíron á palestra.

O director xeral lembro as medidas do chamado Paquete Lácteo, que inciden en aspectos como as condicións de contratación, para protexer e potenciar a posición negociadora dos gandeiros.

Novas relacionadas

Comentarios