Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Só o Baio e Esteirana resisten a rebelión dos "pequenos"

O Coristanco celebrando a súa vitoria copeira ante o Fisterra
O Coristanco celebrando a súa vitoria copeira ante o Fisterra
Copa da Costa: Só o Baio e Esteirana resisten a rebelión dos "pequenos"

Bonita non, o seguinte, é esta edición da Copa da Costa xa que calquera cousa pode pasar nestas eliminatorias iniciais a partido único, e se xa houbo sorpresas na primeira rolda, nestes oitavos de final non foi menos, pois o Coristanco deu a machada ante o Fisterra, o Castriz eliminou ao Dumbría e o Cabana fixo o propio co Mazaricos.

O Baio non deu lugar a sorpresas e goleou sen piedade ao Buño, mentres que o Corme superou a un sempre difícil Cerqueda e o Camariñas venceu pola mínima ao Monte Louro.

SD Coristanco 2 – 0 SD Fisterra

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Torres (Castiñeiras m.82), Lagoa (Rubio m.89), Pazos, Xuko, Samuel, Damián (Javi m.72), Corral (Magovi m.84), Álex (Erre m.86).

O Coristanco ante o Fisterra

SD Fisterra: Joselu, Bruno (Capelo m.65), Fabián, Pablo Lestón, Jesús (Iván González m.65), Piti, Dani Martínez (Rubia m.82), Roco, Javi Suárez (Cote m.8), Rubén García e Julio.

Goles: 1-0 m.54: Corral; 2-0 m.70: Lagoa (p).

O Coristanco quería seguir soñando e soubo aproveitar a situación do Fisterra para levar a iniciativa dun encontro no que puido adiantarse en dúas ocasións que os locais non lograrían materializar, nunha primeira metade na que o único achegamento á área dos fisterráns serían nunha loita entre Pablo Lestón e Lagoa, na que os visitantes pedirían un posible penalti que o colexiado non sinalaría.

Nada máis voltar dos vestiarios, o Coristanco adiantaríase cun gol de Corral e tería varias ocasións a balón parado. Pola súa banda, o Fisterra tería as súas por medio de Cote e Pablo Lestón pero os seus remates acabaríaos rexeitando o pau e os da fin da Terra verían como Lagoa poñía a puntilla dende o punto de penalti, certificando o pase dos seus para os cuartos de final.

Buño SCD 0 – 8 CD Baio

Buño-Baio

Buño SCD: Brais, David, Jorge Calvete, Petís, Fran, Borja, Rubén, Alberto (Zinho m.54), Pablo, Juan e Álex.

CD Baio: Dani Varela (Julián m.80), Norberto, MC (Guau m.60), Bieito, Iván Rojo, Porti, Peke (Moreno m.56), Damián (Josiño m.59), Yago, Isaac, Álex Varela (Álex Figueiras m.50).

Goles: 0-1 m.3: MC (p); 0-2 m.35: MC; 0-3 m.52: Bieito; 0-4 m.56: Álex Figueiras; 0-5 m.58: Iván Rojo; 0-6 m.66: Josiño; 0-7 m.79: Bieito; 0-8 m.85: Álex Figueiras.

Partido sen historia no que o Baio sería moi superior de prinicipio a fin, sen dar pé á sorpresa e o cal quedaría xa encarrilado na primeira metade cos dous goles de MC.

Na reanudación, os visitantes acabarían de desmelenarse e lograron seis goles máis para deixar un 0-8 no marcador que deixa en clarividencia o sucedido en Xaviña.

SD Castriz 3 – 0 CF Dumbría

SD Castriz: Puyol, Carlos, Adrián, Steven, Jesús (Chiki m.77), Mauri (Toniño m.13), Iván (Cambón m.86), Martín Gemelo, Álex, Robi (Kevin m.84) e Sebas.

CF Dumbría: Jorge, Alberto, Canario (Brais m.81), Pablo Paz, Matías, Marcos Mouro (Álex Sendón m.81), Iago (David m.59), Marcote, Darío (Charly m.76), Xacobe e Yuyo.

Castriz-Dumbria

Goles: 1-0 m.59: Martín Gemelo; 2-0 m.67: Robi; 3-0 m.70: Jesús.

Nos primeiros minutos, o Dumbría estivo ben e desperdiciaría algún que outro achegamento de perigo, pero despois do parón que houbo no partido pola grave lesión dun Mauri que tivo que ser trasladado en ambulancia, o encontro trocaría totalmente.

E na segunda metade, o Castriz sairía a por todas ante un inoperante Dumbría que vería como Martín Gemelo cun golazo dende a frontal da área e, Robi e Jesús, en sendos erros defensivos dos dumbrieses certificarían a vitoria do conxunto rossonero e o pase para os cuartos de final.

SD Laxe 1 – 5 SD Esteirana

SD Laxe: Eloy (Manuel m.81), Bieito, Iván, Borja, Jacinto (Ruso m.75), Felipe, Andrés, Elías Galeano, Brais (Dani Pose m.62), Elías Santiago, Djamel (Zurich m.62).

SD Esteirana: MJ, Simón, Samuel (Ramiro m.78), Adrián, Róber Pladur (Carajillo m.61), Pablo (Pachi m.46), Elías, Codesido (Jorge m.78), Manu de Yi (Xián m.46), Tobío e Raúl.

Goles: 1-0 m.6: Felipe; 1-1 m.16: Elías; 1-2 m.36: Raúl; 1-3 m.47: Elías; 1-4 m.76: Carajillo; 1-5 m.82: Carajillo.

Partido no que se adiantaría moi cedo o Laxe e faríao por medio de Felipe, dando a impresión de que esta Copa da Costa nos podía dar unha nova sorpresa pero a pesares de non facer o seu mellor fútbol, a Esteirana lograría darlle a volta no marcador, xa antes do descanso, grazas aos goles de Elías e Raúl.

Na reanudación, os homes de Geno sentenciarían a eliminatoria con tres goles máis, un de Elías e dous do xuvenil Carajillo, que poñerían o definitivo 1-5 no luminoso.

SCD Malpica 0 – 0 Volantes de Baño FC (4-1 nos penaltis)

Malpica - Volantes Copa da Costa 2019

SCD Malpica: Lamas (Eusebio m.91), Laik (Jairo m.52), Andy (Belar m.89), Fuentes, Villar, Capelán, Gonzalo, Aitor, Roberto (Migueliño m.46), Mante, Martín (Brais Ceán m.80).

Volantes de Baño FC: Javira, Mou, Iván, Tiko, Juan do Sivil, Godo (Rachón m.56), Pardelo (Pri m.46), Raúl, Miguel, Rapante, Thiago (Pesco m.65).

Penaltis: 1-0: Fuentes, gol; 1-0: Miguel, para Eusebio; 2-0: Jairo, gol; 2-0: Rapante ao pau; 3-0: Capelán, gol; 3-1: Juan do Sivil, gol; 4-1: Belar, gol.

Expulsión: O malpicán Aitor por dobre amonestación no minuto 92.

O partido empezou cunha boa oportunidade para os visitantes pero Lamas faría unha gran intervención no man a man con Rapante para evitar o gol dos visitantes.

Logo desta ocasión inicial, o Malpica quixo levar a iniciativa a través da posesión de balón pero sen crear excesivo perigo. Aitor avisaría das intencións dos locais cun disparo que desbarataría Javira con dificultades.

E antes do descanso, os malpicáns reclamarían un penalti por unha posible man dun defensa visitante.

Na segunda metade, os locais seguirían levando a iniciativa e Javira evitaría que  Gonzalo, Mante e Aitor reflexasen ese dominio no marcador.

Aos nove minutos da reanudación, habería unha nova xogada polémica na que Gonzalo caería na área visitante pero o árbitro non sinalaría nada.

A raíz disto, as ocasión brillarían pola súa ausencia e salvo un taconazo de Rapante que se marcharía fóra por pouco. E cando o encontro se encamiñaba cara os penaltis, Gurita decidiu darlle entrada a Eusebio baixo paus e saíulle ben, xa que o experimentado gardameta malpicán detería o primeiro lanzamento e sería chave para que o seu equipo lograse a clasificación para a seguinte rolda.

Corme CF 2 – 0 UD Cerqueda

Corme-Cerqueda Copa da Costa

Corme CF: Suso, Pandi, Eloy (Samu m.55), Manu Bermúdez (Diego m.74), Brais, Alejo, Lucas, Alejandro, Toniño, Javi Peón, Brais Torrado (Sueiro m.57)

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Atu, Javi Souto, Javi Pazos, Gonzalo (Jonathan m.71), Manu Guillamet (Julián m.85), Dieguito, Lorenzo, Ceide (Bastón m.87) e Méndez.

Goles: 1-0 m.68: Lucas; 2-0 m.92: Alejo.

Partido con dominio dun Corme que non lograba inquedar en exceso a portería dun Diego Dourado que tan só vería en perigo en dúas accións de Lucas que sacaría un defensa baixo paus e que rexeitaría o longueiro.

Pola súa banda o Cerqueda estivo a piques de adiantarse preto do descanso cun remate de Méndez ao pau, polo que o marcador non se movería antes do paso por vestiarios.

No segundo acto, o Corme sairía coa mesma idea, aínda que moito máis cómodo sobre o céspede do Cairo, pero Alejandro e Javi Peón non acertarían de cara a gol.

Quen non perdoaría sería Lucas mediada esta segunda parte, logo dunha dobre oportunidade na que Alejo non lograría superar no man a man a Diego Dourado pero en segunda instancia cede para o 10 cormelán, quen non perdoaría para poñer o 1-0.

A raíz do gol, a dinámica do partido non cambiaría ata os minutos finais, momentos nos que o Cerqueda apretaría pero sen crear perigo.

E no minuto 92, Alejo sorprendería ao gardameta visitante dende o centro do campo para poñer o definitivo 2-0 co que o Corme lograría a clasificación para os cuartos de final.

Camariñas FC 3 – 2 UD Monte Louro

Camariñas 3-2 Monte Louro

Camariñas FC: Pablo, Rodri, Raúl, Mario (Saviola m.88), Miki (Manuel m.95), Soule, Nico, Cibrán (Adrián m.73), Dani Moreno (Brais m.64), Fran e Djibi.

UD Monte Louro: Iago, Abel, Pedro (Geiko m.54), Borja (Fernando m.84), Yeray, David, Dani Corniños, Ivi, Pesko, Sambade (Iker m.62)

Goles: 0-1 m.27: Abel; 1-1 m.30: Djibi (p); 2-1 m.50: Djibi; 2-2 m.80: Borja; 3-2 m.94: Miki.

O Monte Louro acudiu moi mermado de efectivos a Camariñas polas baixas de Adrián, Pablo e Juan entre outros,  pero a pesares disto, logrouse adiantar cun gol a saída dun córner que remachou Abel.

Os loureáns estaban ben plantados e sen sufrir demasiado, pero o colexiado pitou un discutible penalti por unha suposta man que transformaría Djibi para meter ao Camariñas no partido e desconectar ao Monte Louro.

Tralo descanso, adiantáronse os camariñáns e a partires dese momento, os visitantes arriscaron para buscar o empate e dispuxeron de varias ocasións, mentres que o Camariñas saía a contra con perigro.

O Monte Louro lograría empatar noutro córner cun gol dun Borja que minutos despois se lesionaría e tivo que saltar ao terreo de xogo, Fernando, o porteiro suplente, como xogador de campo.

E cando todo apuntaba aos penaltis, un disparo desde fora da área de Miki no minuto 94 deulle a vitoria aos camariñáns.

Cabana SD 1 – 1 Mazaricos CF (3-2 nos penaltis)

Cabana SD plantilla 18-19

Cabana SD: Darío, Pablo Senande, Duda, Pipa, Raúl, Dani (Ismael m.89), Castro, Manolo (Manuel m.58), Aarón (Fernando m.75), Cacha e Iván.

Mazaricos CF: Miguel, Borja, Amoedo, Mario (Cutu m.81), Ricardo (Raúl m.59), Piki, Estéfano, Diego, Pereiro, Yago Dosil (Martín m.86) e Pose.

Goles: 0-1 m.77: Raúl; 1-1 m.81: Iván.

Penaltis: 1-0: Iván, gol; 1-0: Raúl, falla; 1-0: Manuel, falla; 1-1: Amoedo, gol; 2-1: Castro, gol; 2-1: Borja, falla; 3-1: Cacha, gol; 3-2: Martín, gol; 3-2 Fernando, falla; 3-2: Pose, falla.

Na primeira parte, o dominio foi alterno e tan só habería dúas oportunidades de perigo, unha por cada bando, que acabarían solventando os gardametas con sendas paradas de mérito.

O esforzo feito polo Cabana foi pasando factura ao longo dunha segunda metade na que o Mazaricos estaría mellor ca o rival pero que non lograría superar a un gran Darío ata o minuto 77, momento no que Raúl remataría unha falta lateral nun erro de marca duns cabaneses que empatarían o encontro por medio de Iván para que a eliminatoria se decidise dende o punto fatídico, intre no que volvería a rexurdir a figura do porteiro cabanés, Darío, para darlle o pase aos seus.

Comentarios