Venres. 29.03.2024
El tiempo

Copa da Costa: Xallas e Soneira a semifinais

Copa da Costa: Xallas e Soneira a semifinais
Xa temos os primeiros semifinalistas da Copa da Costa 2018. Son o Xallas e o Soneira, que superaron a Zas e Coristanco, en partidos con signos ben diferentes. O Xallas foi superior a un Zas sen forzas para remontar o resultado da ida, e volveuse a impor con dous tantos de Camilo e un gol do centrocampista Abel Sen embargo a emoción estivo en Coristanco. Moita xente na Rocheira para presenciar un clásico partido de copa da costa, con alternancias, ocasións para ambos lados e emoción ata o final. De inicio dominou o Soneira, sabedor de que tiña que marcar para ter opcións de pasar a eliminatoria. Pichi, Darío e Chapela tiveron opcións nos primeiro minutos. Pero foi Samuel Carracedo quen adiantou ó Coristanco nun gran remate no segundo pao. Tivo Mato o segundo á saída dun córner. No segundo tempo o Soneira adiantou a Aarón, e buscouno continuamente. Pichi lanzou unha falta alta antes do gol de Basti, despois dun balón peinado por Aarón. Pero acto seguido Javi Bermúdez anotou un golazo de falta que daba vantaxe novamente ós locais. Josiño tivo que intervir a disparo de Corral. Saíu o xuvenil Fran e anotou o tanto da igualada, e a pouco do final un disparo de Samu Vázquez bateu no longueiro da porta do Soneira. O Coristanco fixo unha gran copa pero non atopou o premio ó seu esforzo. XALLAS C.F. 3 - SPORTING ZAS 0 XALLAS: Coki, Cristian, Pablo Vigo, Raúl Añón, Dani Becerra, Doro, Julián, Alex Blanco, Camilo, Abel e Marcos. Tamén xogaron Uxío, Óliver  Fernando, Adrián e Manu. SP. ZAS: Miki, Jaime, Víctor, Josito, Diego, Rubio, Dani Mato, Brais, Bruno, Fabián e Manu Fuentes. Tamén xogaron Andrés, Pablo, Rubén e Xoel GOLES: 1-0 20´Abel  2-0 44´Camilo   3-0 59´Camilo S.D. CORISTANCO 2 - SONEIRA S.D. 2 CORISTANCO: Diego, Miguel, Mato, Lagoa, Javi, Samu Vázquez, Pazos, Alex, Damián, Samu Carracedo e Corral. Tamén xogaron Xuco, Braian, Cristian e Héctor. SONEIRA: Josiño, Darío, Forján, Jota, Aarón, De la Sierra, Alex Figueiras, Sandelo, Pichi, Basti e Chapela. Tamén xogaron Chinda, Nazo, Agra, Fran e Cristian. GOLES: 1-0 34´Samuel Carracedo   1-1 59´Basti   2-1 63´Javi   2-2 83´Fran

Comentarios