Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión adecenterá a praza Médico Ramón Carrera

Corcubión adecenterá a praza Médico Ramón Carrera

No corazón do casco vello de Corcubión, a praza Médico Ramon Carrera fica aínda esquecida entre o cemento. Por iso, o Concello de Corcubión fai un esforzo para rehabilitala. Coa axuda da Deputación, que aportará o 37% do investimento, o Concello financia as obras de aconcidionamento da praza, que custarán un total de 134.000€.

Unhas obras que incluirán a instalación dun novo pavimento de granito e a dotación de saneamento separtivo, no marco de humanizar e mellorar a estética do caso histórico da localidade.

“Temos en marcha diversos proxectos para renovar a pavimentación das rúas do centro de Corcubión con firmes a base de lastras e lousas de granito, máis acordes co entorno e a estética tradicional da vila”, afirmou o alcalde, Manuel Insua, que agradeceu o apoio económico da Deputación para levar a cabo estas obras, que ademáis da propia praza Médico Ramón Carrera afectarán á rúa Isabel II, a praza de Castelao e a unión coa rúa Pepe Miñones.

As obras

Os traballos pertenden manter as dimensións das plataformas existentes, conectándoas de xeito que se facilite o acceso ás persoas con mobilidade reducida. Asemade, dotarase á zona de rede de saneamento separativa que recolla e canalice de por separado as augas pluviais e residuais, conducíndoas aos pozos de saneamento que conforman a rede xeral existente. Para iso, construirase no propio pavimento un canal superficial de recollida de pluviais que discorra polo centro da rúa e os laterais das prazas. Paralelo a este e soterrado, executarase un colector de PVC de 250 mm de diámetro que conecte os sumidoiros proxectados, así coma as baixantes de pluviais. Proxéctase tamén a execución dunha rede de saneamento que de servizo ás vivendas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/corcubion-tamen-tera-o-seu-cemiterio-mirando-o-mar/ https://quepasanacosta.gal/comezaron-as-obras-de-reposicion-da-legalidade-urbanistica-no-edificio-da-praza-castelao/

Comentarios