Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión amosou a súa respulsa á deportación masiva de refuxiados

Corcubión amosou a súa respulsa á deportación masiva de refuxiados
Suso Bahamonde lendo contra a deportacion masiva de refuxiados Suso Bahamonde lendo contra a deportacion masiva de refuxiados

Rotundo rexeitamento da sociedade costeira ó acordo UE-Turquía para deportar ás persoas refuxiadas. Non é doado xuntar un día de semana e sen apenas tempo de convocatoria un cento de persoas. E algunha máis asistiu á convocatoria realizada pola Universidade Popular de Corcubión ante as decisións da Unión Europea en materia de dereitos humanos.

Ademais dos poemas de Álex López, Suso Bahamonde e Serxio Iglesias, a comprometida asociación leu un comunicado detrás dunha pancarta que sinalaba un claro “Non no noso nome”, deixando patente que a resposta de Europa ante a que pode ser a maior traxedia dende a 2ª Guerra Mundial, non é a da sociedade civil europea.

Alex Lopez leu os seus poemas Álex López leu os seus poemas

O comunicado recordaba que hai varios meses a UE acordaba acoller a milleiros de refuxiados que escapaban da guerra. Aquel acordo foi incumplido por todas as partes, como a española, que só colleu 17 persoas no canto das 17.000 que asinara. O actual acordo con Turquía é “un acordo ilegal que contravén o dereito internacional e humanitario. Un acordo ilegal e ilexítimo que infrinxiría os Dereitos Humanos e a normativa de asilo e de protección de refuxiad@s, xa que estas expulsións están prohibidas pola normativa internacional”.

A UPC denuncia que “de repente comezaron a xurdir fronteiras onde non había. Erguendo fronteiras con aramio de espiño para impedir a libre circulación destas persoas que acabaron cercadas en campamentos onde sobreviven en condicións infrahumanas. Abandonadas á súa sorte, sen comida, sen sanidade, durmindo á intemperie ou en precarias condicións. Estas persoas sofren ademais o acoso das mafias. Milleiros de mulleres violadas, 10.000 nen@s desaparecidos. E os gobernos mirando para outro lado”.

Todo isto ocorrendo na UE, “esa Europa que no ano 2012 recibíu o premio Nobel da Paz, entre outras cousas, por ser defensora dos dereitos humanos. Na Europa que está permitindo que o mar Mediterráneo se converta nunha foxa común da desesperación de milleiros de persoas que buscan unha vida mellor. E @s que chegan á costa de Macedonia, nos últimos días, son recibidos a paus polo exército e a policía”.

Lamentaron o aumento dos grupos xenófobos e critican que a solución sexa a “deportación masiva destas persoas, previo pago a Turquía, país que destaca pola vulneración dos dereitos humanos”.

Por todo isto, a sociedade galega amosa a súa solidariedade e denuncian moi alto que non concordan con esta “esta decisión de deportación masiva”.

100 persoas acodiron a chamada da Universidade Popular de Corcubion 100 persoas acodiron a chamada da Universidade Popular de Corcubión

Xestos

Carballo arria a bandeira de Europa do Concello

Xa houbo varios concellos que fixeron os seus xestos, como os Concellos de Carballo (arriba) e Coristanco, que arriou a bandeira europea do Concello para amosar a súa disconformidade coa decisión.

Coristanco tamen baixa a bandeira europea Coristanco tamen baixa a bandeira europea  

E peticións

Noutros concellos, como o de Cee, foi o BNG o que solicitou retirar as bandeiras da Unión Europea que se atopan nos diferentes edificios municipais.

Comentarios