Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Corcubión e Cee preparan varias actividades de concienciación polo 25N

cartel concello corcubion recortado
Corcubión e Cee preparan varias actividades de concienciación polo 25N

Como xa temos falado, son moitos os concellos da comarca que participan na campaña En Negro que se organiza polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste caso, os concellos de Corcubión e Cee están a preparar diferentes acitividades durante o mes de novembro relacionadas con este día co fin de concienciar á xente sobre esta problemática.

Dende o Concello de Corcubión ven realizando un programa "Outono Violeta" de coeducación,sensibilización e concienciación para a prevención da violencia e promoción da igualdade durante os meses de outubro e novembro en varios centros de ensinanza e na Casa da Cultura de Corcubión con actividades dirixidas a todos os sectores da poboación.

outono violeta corcubión

Pola súa parte, o Concello de Cee tamén organizará varias actividades durante o mes de novembro e decembro, ademais da concentración que se realizará o 25 de novembro ás 12:00h na Casa de Cultura.  O 28 de novembro está prevista a actuación de Catoxo, un contacontos para educación infantil  ao que asistirán a unitaria da Igrexa de Brens e do EEI da Pereiriña, o CPR Manuela Rial Mouzo e o CEIP Eugenio López. 

Por outro lado, representarase a obra de teatro Golpes ás 11:30 na Casa da Cultura, destinada aos alumnos de 4º da ESO do CPR Manuela Rial Mouzo, 1º de bacherelato do IES Agra de Raíces, alumnado do IES Fernando Blanco e 6º de primaria do CEIP Eugenio López.

Finalmente, do 16 de decembro ao 3 de axaneiro, farase a reprodución da exposición dos premios de María Josefa Wonenburguer.

Comentarios