Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión sumérxese no rural co Ciclo Etnográfico de Cine Galego

Corcubión sumérxese no rural co Ciclo Etnográfico de Cine Galego

Ciclo Etnografico de Cinema Galego en Corcubion

A Costa da Morte empáoase de audivosual comprometido galego. Mentres no Casino 1889 de Carballo organizan o Galidoc, Corcubión únese á rede do Ciclo Etnográfico de Cine Galego. A Capela do Pilar acollerá o vindeiro 29 de novembro ás 20h, este ciclo que parte dunha iniciativa da directora Ana Domínguez avalada pola Deputación da Coruña na que se presentan cinco curtametraxes e unha longametraxe. Durante un par de horas de proxección vivirán costumes, rituais e tradicións propias da vida e a cultura no rural galego.

O ciclo compóñeno, na súa maioría, propostas de creadoras galegas, Gloria Vilches, Lucía Vilela, Diana Toucedo e a propia Ana Domínguez, aínda que non exclusivamente, xa que tamén estará o autor de Xove, Xacio Baños, e coa autora vasca Jaione Camborda.

"Os seus traballos cinematográficos invitan a revisitar o pasado e o presente do mundo rural que habitamos desde miradas xeracionais noveis que nos permitirán ampliar o abano de lecturas sobre o que ás veces damos por feito, deixamos esquecido ou ata infravaloramos", explica María Bella, unha das culpables de que o Ciclo aterre na nosa bisbarra, gracias ademais ao compromiso dalgunhas das asociacións socioculturais máis comprometidas coa cultura e o territorio como a Universidade Cromática, Boca de Sapo e a Universidade Popular.

As linguaxes das autoras, os formatos, os recursos visuales e sonoros, as mensaxes, as súas perspectivas, a narración e as sensibilidades das súas directoras e directores revolven ao redor de historias que nos resultan familiares. Desde elas poderemos poñer en valor o que somos e o que fomos e, nalgúns casos, deixarnos inspirar cara a futuros rurais".

Ningunha das pezas foi gravada na Costa da Morte pero si en Galicia e todas elas afondan en elementos comúns do noso territorio: a rapa das bestas, a vida e traballo nos faros, o monte, a soidade, o traballo na terra, a natureza, a espera...

O ciclo inaugurouse en Neda o pasado mes de setembro, pasará en novembro por Corcubión e concluirá o seu itinerario na Pobra do Caramiñal o próximo decembro.

Programa

O programa será introducido pola directora e terá unha duración total de 118’:

RAPA DAS BESTAS (2017)

  • Directora: Jaione Camborda.
  • Duración: 10’.
  • A tradición e o espectáculo lévanos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.

O FAREIRO DE SÁLVORA (2017)

  • Directora: Gloria Vilches
  • Duración: 11'
  • En 1980, Julio Vilches chegou á Illa de Sálvora para traballar como fareiro, un oficio que continuaría desenvolvendo durante 37 anos, ata a recente automatización do faro.

TOXO E FLORES (2016)

  • Directora: Lucía Viela
  • Duración: 4'
  • Descompoñendo e rcompoñendo os elementos primarios da paisaxe nas súas cores, luces e sombras e formas -eses troncos e flores aos que alude o título. Música: Mociños de Igrexafeita, (1971)

HOMES (2016)

  • Directora: Diana Toucedo
  • Duración: 10'
  • “Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero… en qué momento da nosa vida perde una súa propia?. Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai… manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou”

SER E VOLTAR (2014)

  • Director: Xacio Baño
  • Duración: 14’
  • Un novo (?) cineasta pasa un fin de semana na casa dos seus avós para facerlles un vídeo retrato. Diso vai o cine, non si?

OS FILLOS DA VIDE (2017)

  • Directora: Ana Domínguez.
  • Duración: 69'
  • Unha viaxe en clave persoal á tradición ancestral dos viñedos, a vendimia e o viño, e a súa relación cos ciclos da vida e coas raíces pagás da festa.
 

Novas relacionadas

Comentarios