Martes. 16.04.2024
El tiempo

Corcubión declárase como "Concello libre de eucaliptos"

Corcubión declárase como "Concello libre de eucaliptos"
monte-eucaliptos O concello comprométese a retirar todos os exemplares de eucaliptos que se atopen en chan municipal O pasado venres, o pleno de Corcubión aprobou a moción presentada pola asociación Boca de Sapo para declarar o municipio libre de eucaliptos. A moción recibiu o apoio de todos os grupos políticos (PSOE, BNG e PP) coa abstención do PACOR. Con esta medida, o concello corcubionés comprometeuse a retirar todos os eucaliptos que se atopen en chan municipal. Dende o goberno municipal tamén se comprometen a revisar que os particulares cumplan a Lei de Montes de Galicia en canto a distancias con respecto a vivendas e camiños. Dende a asociación Boca de Saco indican que esta moción “non é mais que un primeiro paso para tratar de concienciar a poboación dos perigos da proliferación de eucaliptos, planificados, incontrolados ou ventureiros que supoñen un golpe mortal á biodiversidade”. A moción xurdiu a raíz da recente vaga de lumes que afectou a boa parte da comunidade.

Artigos sobre os incendios

Novas relacionadas

Novas sobre os incendios

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios