Imprimir

Corcubión entrega o Premio de Tradución Plácido Castro a Antía Veres Gesto

que pasa na costa | 25 de setembro de 2019

Este próximo venres 27 de setembro ás 20 horas na Capela do Pilar de Corcubión, terá lugar a entrega do premio de traducción Plácido Castro, cuxa gañadora este ano é Antía Veres Gesto., natural de Guitiriz, por Unha muller perdida, a tradución galega da orixinal A Lost lady, de Willa Cather.

Este prestixioso premio, que leva o nome do ilustre corcubionés Plácido Castro del Rio, escritor, xornalista, traductor e político, chega este ano á súa XVIII edición. 

Neste acto estará representada a fundación pola súa presidenta, Susi Castro, o Concello de Corcubión polo seu alcalde, Manuel Insua, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez. 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/corcubion-entrega-premio-traducion-placido-castro-antia-veres-gesto/20190925104820113299.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia