Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión sacou adiante os seus orzamentos para 2021

Casa do Concello de Corcubion
Corcubión sacou adiante os seus orzamentos para 2021

Este venres, o pleno de Corcubión aprobou os Orzamentos para este 2021. Fíxoo polo voto de calidade do alcalde ante a falta da edila do PP (o pleno estaba convocado para o xoves pero tivo que trasladarse ao venres e a edil popular xa avisara que ese día non podería por motivos laborais), despois dos 3 votos a favor do grupo de goberno (PSOE), os 3 votos en contra (2 de Sempre Corcubión e 1 PACOR), e a abstención do BNG.

O voceiro do BNG Lois Lado explica a súa abstención na intención de “non atrancar”, e pon no tellado da edil popular a aprobación. En todo caso, consideran que “o apartado de ingresos está inflados, e non hai partidas destinadas ao turismo e ao emprego, ou ás asociacións culturais. Esperamos que algunhas das nosas propostas, como o das asociacions, se teñan en conta, como nos prometeu o alcalde”.

Dende Sempre Corcubión consideran “clarificadora a abstención do BNG, cunha análise falto de realidade sobre a situación, favorecendo deste xeito a aprobación duns orzamentos que non aportan solución ás necesidades de Corcubión”. O grupo lamentou “a falta de movementos para aumentar o apartado de ingresos”, ao tempo que “no apartado de gastos vemos con preocupación a forma en que está diluida a contía obrigada de retribución do Arquitecto técnico Municipal. Entendemos que é un funcionario que despois de cumplir a sanción debería ver ao seu posto de traballo”.
Pediron tamén unha partida para a realización da Relación dos Postos de Traballo (RTP).

O voceiro de Sempre Corcubión, Alfredo González, fixo fincapé na partida que os orzamentos destina este ano para a radiONeria, a radio municipal de Corcubión: 324€. "Esiximos un mínimo de 6.000€ para poñela a andar nunha nova andaina". Fixo referencia ao pasamento da radio municipal fisterrá, esperando que se aumente a partida para non vivir a mesma situación.

Durante o pleno tamén se mantiveron as dedicacións exclusivas (unha dedicación e media) co apoio de Sempre Corcubión, que xa apoiara a moción semellante ao comezo de lexislatura.

Comentarios