Martes. 23.04.2024
El tiempo

Corcubión tamén sae de marcha pola Pesca Artesanal

Corcubión tamén sae de marcha pola Pesca Artesanal
Andaina en Corcubion pola Pesca Artesanal-Foto-Rafa Quintans Andaina en Corcubión pola Pesca Artesanal-Foto-Rafa Quintáns

Nova acción pola pesca sostible na Costa da Morte. Non deixa a Confraría de Corcubión de artellar actividades na defensa da pesca artesanal, e desta volta, para non faltar á cita mensual, tocaba Andaina. Foi por Corcubión, con 10 quilómetros de marcha por lugares simbólicos da vila de San Marcos, e que remataba na lonxa a golpe de pinchos.

Unha marcha que serve para seguir alzando a voz ante "a pasividade dos dirixentes da política pesqueira sobre as nosas recomendación en defensa da pesca artesanal". Nese sentido, o patrón maior corcubionés, volveu sinalar ao arrastre como un dos "inimigos", pedindo a separación desta arte a 12 millas da costa, co fin de que as artes menores, que empregan aparellos de pesca máis selectivos e coidadosos co patrimonio marítimo, poidan seguir subsistindo. “Queremos que todos entendan a situación, a realidade do que está a ocorrer nas nosas costas, que é o que reivindicamos e por que. Por iso, esta vez optamos por realizar un evento diferente para que participe unha boa parte da cidadanía”, informan os pescadores Virxe do Carme de Corcubión.

A realidade é que as peticións do sector pide cousas que xa había nas leis de 1983, cando se limitaba ao arrastre a 150 metros de profundidade. O patrón utiliza outro dos grandes argumentos que parece que desta volta non serven, o dos postos de traballo, onde a pesca artesanal gaña por goleada.

Pinchos na lonxa pola Pesca Artesanal-Foto-Rafa Quintans Pinchos na lonxa pola Pesca Artesanal-Foto-Rafa Quintans Polo futuro da pesca artesanal-Foto-Rafa Quintans Pinchos na lonxa de Corcubión Polo futuro da pesca artesanal-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios