Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A de Corcubión, a única oficina de atención tributaria da comarca con cita previa

Casa do Concello de Corcubion
Casa do Concello de Corcubión
A de Corcubión, a única oficina de atención tributaria da comarca con cita previa

Son 12 oficinas en toda a comarca que ofrecen xa servizos de atención tributaria. Pero só unha na Costa da Morte. A Casa do Concello de Corcubión, na Praza de José Carrera, abre xa as súas portas, cun servizo de cita previa a través da ligazón https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou do teléfono 900 132 204.

Poderá pedir cita para realizar trámites como alta de vehículos, cambio de domiciliación, solicitude de exencións e boificacións, declaración de plusvalía, xestión catastral...) en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Ademais, segue en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria (OVT) para facilitar os trámites online.

Comentarios