Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Corcubión e o Vimianzo completan o cadro de campións dun F8 que xa pensan nunha Copa da Costa con ausencias

O cadro da Copa da Costa de F8 xa en www.copadacosta.com

Corcubion campions Benxamins de F8
Corcubión campión Benxamín do Gr.5 de F8
O Corcubión e o Vimianzo completan o cadro de campións dun F8 que xa pensan nunha Copa da Costa con ausencias

Quedaban un par campións (os dos tardíos Gr.5) das Ligas de Fútbol 8, de xeito que esta fin de semana quedou listo o cadro final da Copa da Costa F8.

O Corcubión conseguía alzarse, por segundo ano, como campión do Gr.5 da Liga Alevín, mentres que o EFM Vimianzo fixo o propio en categoría Infantil.

Os dous equipos, como os representates do Outes, Dumbría, Sofán, Xallas, Esteirana, Fisterra e Cee estarán este vindeiro sábado nas Finais da Copa da Costa F8 que se celebrará dende as 10:30h no campo das Redondas, Cabana.

Os alevins de Vimianzo non poderan xogar unha das finais

Bueno, todos agás o Vimianzo, que aínda non sabe se acodir á Copa da Costa ou á Fase provincial de Xogade en Noia, tras saír vencedor das LCFS , unha vez que coinciden as datas. O que si decidiu foi o Ponteceso, obrigado polo Concello a participar no campionato de fútbol sala, cedendo así o seu posto ao Cee Alevín.

As familias de Vimianzo veñen de lamentar a “situación de indefensión na que se atopan os nosos fillos”, ao coincidir as dúas datas.

Cómpre sinalar dende a Xunta (responsable das finais do programa Xogade) nin se formularon a posibilidade de modificar a data, a pesar de implicar a só 4 equipos, pois se tería que disputar en datas festivas nas que os funcionarios non traballan. Pola contra, e a pesar de que a data da Copa da Costa leva posta pola Federación Galega dende outubro, a subdelegación da Costa propuxo variala ante a petición do EFM Vimianzo, e foron o resto de equipos implicados os que reixeitaron mover a fase.

Dende o club vimiancés lamentan que a Secretaria Xeral do Deporte e RFGF non sexan capaces de poñerse dacordo para que non coicidan as datas, e mesmo se formulan presentarse ás dúas competicións en clave de protesta.

Unha mágoa, en todo caso, porque os rapaces de Vimianzo ou Ponteceso terán que perderse unha das dúas finais que gañaron no campo.

Copa da Costa 2019 - Copa F8

Novas do F8

 

Comentarios