Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcubión viviu un importante punto de encontro entre sectores do monte galego

Francisco Santiago Lopez e Cesar Perez
Francisco Santiago López e César Pérez moderaron a conversa
Corcubión viviu un importante punto de encontro entre sectores do monte galego

Serviu de primeira toma de contacto o acto aberto deste pasado sábado convocada por César F. Pérez, veterinario e membro das entidades Pan de Raposo, Enxidel e Asoporcel, e Francisco Santiago López, presidente da Asociación Boca de Sapo. A Capela do Pilar de Corcubión quedou pequena para acoller esta cita, na que se quería falar, cara a cara, entre os sectores que viven por e para o monte para poder xerar vínculos.

Na conversa participaron algúns gandeiros de pequenas explotacións de autoabastecemento, varios cazadores y e un par de membros dunha asociación de afectados polo lobo. En xeral todos coincidiron en valorar como positivos estes encontros. Aínda que lobo acaparou case toda a atención, o monte ten moitos máis temas que abordar, pero en calquera caso a xornada serviu para resolver certas dúbidas e liberar algúns prexuízos aínda existentes no sector da caza, especialmente tespecto al lobo, como que existen entidades que aínda dan de comer aos lobos nos cebadoiros.

O problema do lobo como unha praga foi traído en numerosas ocasións na voz de distintos asistentes, aínda que parece que non hai estudos científicos que avalen ou corroboren esa tese que predomina entre cazadores e gandeiros. En calquera caso, quedou patente que é un asunto desatendido dende as administracións, e que pasa por ser un tema delicado co que se debe traballar de fondo, dende a base.

Sobre todo cando hai certos sectores que ata aseguraron que “a única solución é matar, matar e matar". Pero non todas as posturas se amosaron tan radicais e moitos escoitaron propostas a medio prazo, ademais de reivindicar necesidade de axilizar as axudas aos afectados polos ataques, que poden tardar ata 4 meses en chegar.

En todo caso, o acto serviu para romper as barreiras que tradicionalmente separan a estes colectivos, e pode servir de punto de encontro para vindeiras actividades de reflexión e estudo de solucións comúns ao monte galego.

Presentación das xornadas de marzo

A sesión serviu ademais para abrir as portas para as importantes xornadas do 23 de marzo, que tratarán temas relacionados co mar e co monte.

Novas relacionadas

Comentarios