Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coristanco pide á Xunta recuperar a abandonada EDAR de Vilarverde

A EDAR de Cereo é unha das depuradoras que foron pioneiras pero esquecidas durante anos en Coristanco
Coristanco pide á Xunta recuperar a abandonada EDAR de Vilarverde

A xestión das depuradoras dos últimos anos en Coristanco debería ser levada a un Xulgado. Investimentos millonarios en instalacións pioneiras, que foron abandonados entre os lodos do noso lixo.

O pasado mes de outubro o Concello conseguía arrincar a depuradora de Portoquintáns, tras 3 anos de abandono. Agora, o alcalde coristanqués achéha proponlle a Xunta seguir traballando para aproveitar estas necesarias infraestruturas.

Onte mantivo unha reunión co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Primeiro repasaron o bo resultado das obras (por apenas 43.000€) que permitiron poñen en marcha o saneamento para unha poboación de 600 habitantes.

García Pose pediu o compromiso para a seguir avanzando no proxecto de mellora da EDAR de Vilaverde.

Así mesmo, rexedor trasladou a importancia de contar co apoio da Xunta para a execución dun proxecto de humanización da travesía de San Roque que discorre desde a rotonda do hipermercado ata a rotonda do desvío a Santa Comba. Esta actuación consistiría na mellora de toda a seguridade vial, sinalización, pavimentación, colocación de mobiliario urbano e plantación de arborado decorativo.
O delegado da Xunta comprometeuse a estudar a proposta e de buscar posibles vías de colaboración entre ambas administracións para a execución desta obra.

Novas relacionadas

Comentarios