Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corme CF: "O castigo do ascenso"

Corme CF: "O castigo do ascenso"

Traemos hoxe, mércores de reunión en Baio coa Federación, da man de Suso da Torriña, a súa crítica posición ante a imposibilidade de levar adiante a súa proposta para que os equipos de Bergantiños poidan ascender á 1ª da Coruña, como se fixo toda a vida, e non á de Santiago como implantou a Federación para este ano.
Unha decisión que xa provocou que o Corme renunciase ao ascenso tras quedar 3º este ano na Liga da Costa, pero da que puido librarse o Club do Mar trasladándose á Liga das Mariñas a pesar da súas cores costeiras.

"Non é deporte, é política", asegura Suso, que entende que ante a falta de unidade do fútbol costeiro, a Federación fixo os seus cambios coa intención de "botar fóra da zona da Coruña ao fútbol da Costa".

Sen máis, deixámosvos co escrito, a man, do propio Suso da Torriña que ten o título claro "O castigo do ascenso" e que remata cunha declaración clave: "Somos da Costa e tamén da Coruña, non somos peregríns".

"O castigo do ascenso", por Suso da Torriña, do Corme CF

O Castigo do ascenso de Suso da Torrina 1 O Castigo do ascenso de Suso da Torrina 2 O Castigo do ascenso de Suso da Torrina do Corme CF 3 O Castigo do ascenso de Suso da Torrina do Corme CF 4

Novas relacionadas

Comentarios