Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corme-Muxía, un partido de auténtica samba na loita pola segunda posición da Liga da Costa

Eloy Villar e Isma Pose analizan o partidazo da xornada da Liga da Costa entre o Corme CF e o Muxía CF. Fotos: David Castro.
Eloy Villar e Isma Pose analizan o partidazo da xornada da Liga da Costa entre o Corme CF e o Muxía CF. Fotos: David Castro.
Corme-Muxía, un partido de auténtica samba na loita pola segunda posición da Liga da Costa

Esta vindeira fin de semana, O Cairo vivirá un auténtico partidazo no que os dous equipos que fan o fútbol máis atractivo da categoría se ven as caras no que será unha loita a peito descuberto pola segunda posición da Liga da Costa, esa que dá dereito a xogar a promoción de ascenso a Primeira Rexional, aínda que tanto Corme como Muxía non se van dar por satisfeitos e queren loitar co Mazaricos polo título de campión.

No día de hoxe quixemos falar co Eloy Villar do Corme e tamén con Isma Pose do Muxía para que nos desmenuzasen este partidazo da xornada da Liga da Costa, así como tamén, para que nos conten como ven a loita polos postos de privilexio de dita competición.

Os protagonistas

Eloy Villar, xogador do Corme CF

Eloy Villar, xogador do Corme CF. Foto: David Castro.

QPC: Que opinión che merece o Muxía, o voso rival da vindeira fin de semana e que agora mesmo, é o terceiro clasificado da competición?

E.V.: O Muxía é un equipo xove, con todo xente da casa ao que lle gusta o xogo combinativo. Aparte de gustarlle o fútbol vistoso e de ataque, son un equipo que traballa moi ben defensivamente xa que encaixan moi poucos goles.

QPC: Esta xornada visítavos un Muxía que ten un proxecto idéntico ao voso con xente da casa e cun modelo de xogo moi parecido xa que ambos apostades polo xogo combinativo á par que vistoso. Que esperas deste partido que a priori se presenta tan atractivo?

E.V.: Somos dous equipos que apostan polo fútbol de ataque, polo que espero que sexa un partido moi vistoso e tamén será intenso, polo que nos xogamos cada equipo, xa que nos enfrentamos o segundo e terceiro clasificado.

QPC: Por onde cres que pasan as vosas opcións para facervos coa vitoria no Cairo ante o Muxía?

E.V.: As nosas opcions por levar os tres puntos fronte ao Muxía, pasan por saír con intensidade desde o principio e ser duros atrás, xa que arriba sempre imos chegar. Ademáis xogamos co plus de xogar na casa e coa nosa afección que é unha baza moi importante.

QPC: Un resultado para este encontro entre o segundo e o terceiro clasificado da Liga da Costa?

E.V.: O resultado dame igual, o caso é que os tres puntos queden na casa.

QPC: Cal cres que será o lugar do Corme na clasificación ao final da tempada?

E.V.: Espero que o lugar do Corme ao final da tempada sexa o máis arriba posible, xa que hai ganas de volver a conseguir algo grande e poder adicarllo a Paco da Ruca.

QPC: Se tiveses que dar un pronóstico de quenes van a ser os dous primeiros clasificados da Liga da Costa, quenes serían? Por que?

E.V.: O meu pronóstico, contando de que nós sexamos os primeiros, o segundo clasificado sería o Muxía xa que ten xente moi boa e non encaixan moitos goles. Se nós non estamos entre os dous de arriba, penso que estará o Mazaricos xa que levan toda a liga aí arriba e reforzáronse ben, aínda que teñen un final de liga de infarto.

QPC: E no tocante á Copa da Costa, cal é o voso obxectivo?

E.V.: A Copa da Costa sempre é moi bonita de xogar, e máis a partido único no campo do rival inferior. Polo que o noso obxectivo será chegar o máis lonxe posible e facer desfrutar a nosa afección.

Isma Pose, xogador do Muxía CF

Isma Pose, xogador do Muxía CF. Foto: David Castro.

QPC: Que opinión che merece o Corme, o voso rival da vindeira fin de semana e que agora mesmo, é o segundo clasificado da competición?

I.P.: Paréceme un gran equipo, no cal os seus xogadores levan xogando xuntos toda a vida e á hora dos partidos é unha das cousas que máis se nota.

QPC: Esta xornada visitades a un Corme que ten un proxecto idéntico ao voso con xente da casa e cun modelo de xogo moi parecido xa que ambos apostades polo xogo combinativo á par que vistoso. Que esperas deste partido que a priori se presenta tan atractivo?

I.P.: Penso que vai ser un gran partido no que como ti ben dis, a nosa forma de xogo é moi parecida e quen van gañar son os espectadores.

QPC: Por onde cres que pasan as vosas opcións para facervos coa vitoria no Cairo ante o Corme?

I.P.: As nosas opcións pasan por saír a xogar como sabemos, cometendo o menor número de erros posibles e desfrutar do partido.

QPC: Un resultado para este encontro entre o segundo e o terceiro clasificado da Liga da Costa?

I.P.: Non creo que vaia a ser un partido de moitos goles, esperemos que un 1-2 con un goliño de Nogue e outro de Mauro.

QPC: Cal cres que será o lugar do Muxía na clasificación ao final da tempada?

I.P.: Espero que o máis arriba posible. Como todos ben saben, non temos ningún obxectivo, só saír a desfrutar de cada partido e seguir con esta boa xeira encaixando poucos goles.

QPC: Se tiveses que dar un pronóstico de quenes van a ser os dous primeiros clasificados da Liga da Costa, quenes serían? Por que?

I.P.: O primeiro, o Mazaricos por plantel e como ben o está demostrando desde principios de tempada, debería estar aí arriba. E de segundo, como dixen antes non temos presión ningunha (risas).

QPC: E no tocante á Copa da Costa, cal é o voso obxectivo?

I.P.: Intentar chegar o máis lonxe posible e desfrutar da Copa que é unha das cousas máis bonitas que se poden gañar.

Comentarios