Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corme volveu sufrir problemas coa turbidez da auga

Cor da auga da villa de Corme
Cor da auga da villa de Corme
Corme volveu sufrir problemas coa turbidez da auga

Non ten que ver coa problemática tan incómoda do ano pasado, pero a auga volve ser triste protagonista en Corme. Dende hai máis dunha semana, moitas casas da vila pontecesá sofren un problema coa auga, que sae de cor marrón, como explica Antón Vidal, Presidente da Asociación de Veciños Eduardo Pondal tras recibir numerosas queixas veciñais.

Unha problemática que, segundo a empresa encargada do mantemento de augas, débese ás intensas choivas, que anegaron as zonas do Rego de Cuíña, que provocan o arrastre de áridos. A pesar do aspecto, o alcalde aseguraba nas redes sociais que “o filtrado e a cloración garanten a potabilidade” e que o Concello está encargando analíticas periódicas externas.

O propio Carballido aproveitaba a mensaxe nas redes para criticar á oposición, mesturando a falta de consenso arredor do POS e o uso da brigada Municipal arredor do Fondo Social coa problemática ca auga.

A día de hoxe, luns, a auga volve saír clara, gracias ao purgado e limpeza do depósito de auga que está na zona do colexio. A empresa cambiou a liña de traída dende o depósito que chega de Ponteceso e a auga

A veciñanza pregúntase como non hai filtrado ningún do seu depósito, de sospeita que a problemática puido vir das  obras do Parque Eólico.

Novas relacionadas

Comentarios