Martes. 16.04.2024
El tiempo

Correos fixo entrega dun estoxo de presentación cos selos da situela do Castelo de Vimianzo

Imaxe da entrega oficial do estoxo á rexedora da vila.
Imaxe da entrega oficial do estoxo á rexedora da vila na Casa do Concello.
Correos fixo entrega dun estoxo de presentación cos selos da situela do Castelo de Vimianzo

Correos fixo entrega de xeito oficial ao Concello de Vimianzo dun estoxo de presentación dos selos coa silueta do Castelo de Vimianzo, que protagonizarán a serie especial de Correos dentro da campaña ‘Doce meses, doce sellos’.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, recibiu na Casa do Concello ao xefe do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia, José Manuel Costa Juncal, e ao director da oficina de Vimianzo, Manuel Pose Rojo. Esta serie xa fora presentada polo director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas Herrera, xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

O estoxo oficial contén cincuenta exemplares, que serán enmarcados a modo de recordatorio deste fito tan especial para todo Vimianzo, e quedarán nas dependencias municipais. O selo, cun valor facial de 65 céntimos, permitirá franquear unha carta con destino a calquera provincia española.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo “agradecer tanto a Correos como á Deputación da Coruña poder protagonizar durante o mes de xaneiro esta serie de Correos tan especial. Resulta marabilloso para todo Vimianzo que o noso Castelo estea presente nun selo, e será algo que gardaremos no recordo para sempre”, destacou a rexedora.

Comentarios