Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte perde unha importante figura Parlamentaria

Loli Toja deixa o Parlamento Galego
A Costa da Morte perde unha importante figura Parlamentaria

Perde unha importante presencia a Costa da Morte no Parlamento Galego. A verdade é que na última década non lembra a nosa bisbarra unha representante tan activa, levando tantas e tantas veces o nome da nosa bisbarra ás Comisións ou ao mesmo hemiciclo.

A través dela a nosa voz escoitouse en temas relacionados co mundo da pesca; con asuntos demográficos como as pensións ou a necesidade da apertura do Centro de Día de Corcubión; con asuntos industriais como a necesidade do enlace da autovía co polígono de Vimianzo; ou con denuncias sobre a discriminación da Xunta para cos concellos que non son da súa cor.

De feito, podemos contabilizar fitos conseguidos gracias á súa tenacidade e insistencia, a presencia do dragado de Laxe nos Orzamentos da Xunta 2020; ou ter conseguido ampliar servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios.

A socialista laxeira Loli Toja deixou o pasado mes de setembro a súa praza no Parlamento Galego por motivos profesionais-personais (en clave positiva).

Colleu o seu posto Oscar Vilar Chento, de O Pino e natural de Touro, a deputada de refencia da da Costa da Morte pasa a ser a tamén socialista Begoña Rodríguez Rumbo, de Cerceda. Begoña e o popular carballés Aurelio Núñez Centeno, son as únicas presencias costeiras no Parlamento Gaslego a día de hoxe.

Novas relacionadas

Comentarios