Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte protagoniza a presenza provincial na feira de ocio MIMOC

Dúas palilleiras estiveron toda a fin de semana facendo unha demostración en vivo na MIMOC
A Costa da Morte protagoniza a presenza provincial na feira de ocio MIMOC

O proxecto "Derrumbando muros con pintura”, O Ecomuseo Forno do Forte de Buño; a Mostra de Encaixe de Camariñas; o con X de Peixe de Laxe; as Redeiras de Corme, e o Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Estas foron as experiencias de ocio que a Costa da Morte levou á II Feira Internacional do mundo do Ocio-Mimoc 2019, que se desenvolveu na Coruña durante esta paasada fin de semana. Unha presenza moi resaltada pola Deputación, como ratificiou o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira, demostrando que esta Deputación olla moito para a nosa bisarra.

Carballo e Camariñas foios que máis apostaron por esta feira, se ben un dos grandes protagonsitas da tarde de venres foi a demostración oleira.

Oleria de Buno na MIMOC

O Derrubando Muros con Pintura levou a arte urbana como bandeira da man da muralista Nana que pintou nun taboleiro unha das súas magníficas obras. Ademais, os máis pequenos participaron nesta actividade ilustrativa, co apoio da propia pintora. O domingo, foi o artista Mou Mutante o que fixo un mural no espazo.

Durante toda a fin de semana dúas palielleiras das asociacións Puntillas e Rendas estiveron facendo demostración en vivo na feira, no marco da presentación do cartel da XXIX Mostra do Encaixe, que se celebrará do 17 ao 21 de abril de 2019.
Marcos Barrios Carreira, da produtora MBC Audiovisuales, que foi o encargado de presentar o exitoso spot da Mostra, despois da súa estrea na FITUR.

Comentarios