Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX

  • Actualización (28-10-2020): 6 hospializados no HVdX. Ponteceso e Santa Comba a nivel 2.
Mapa Galicia Coronavirus 27-10-2020
Mapa da incidencia do Coronavirus a 27-10-2020
COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX

Tras moitas semanas sen ingresados no noso hospital de referencia, hoxe son xa 4 hospitalizados no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Unha cifra que dá conta do aumento da incidencia do COVID nas últimas dúas semanas.

O mapa de incidencia xa rexistra 10 Concellos afectados na comarca, sumando 3 novos (Fisterra, Laxe e Mazaricos) en nivel 1 de alerta (entre 7 e 14 casos activos), igual que Ponteceso e Santa Comba.
En Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos) atopamos Malpica e A Laracha (que viña de estar no nivel 3); mentres que en Nivel 3 segue o Concello de Carballo e ao que se unen Muros e Vimianzo.

A nivel escolar hoxe recollemos os datos de incidencia nos centros educativos, que deixa un total de 45 positivos nos centros de ensino, pero só unha aula pechada e ningún centro.

CADRO ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS 27.10.2020

LOCALIDADE CENTRO TOTAL POSITIVOS AULAS PECHADAS CENTROS PECHADOS
A LARACHA E.I A Laracha 1 1 0
VIMIANZO E.I Municipal Vimianciños 1 0 0
A LARACHA CEIP Alfredo Brañas 2 0 0
A LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 2 0 0
A LARACHA IES Agra de Leborís 8 0 0
CABANA DE BERGANTIÑOS CPI As Revoltas 1 0 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 1 0 0
CARBALLO CEIP Fogar 4 0 0
CARBALLO CMUS Profesional de Carballo 1 0 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 1 0 0
CARBALLO IES Monte Neme 2 0 0
CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 1 0 0
CEE IES Agra de Raíces 2 0 0
CEE IES Fernando Blanco 1 0 0
CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 1 0 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 0 0
FISTERRA CEIP Areouta 1 0 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 1 0 0
MALPICA DE BERGANTIÑOS IES Urbano Lugrís 2 0 0
MUROS CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío 1 0 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 1 0 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 1 0 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 1 0 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 3 0 0

Máis novas do COVID

Comentarios