Mércores. 24.04.2024
El tiempo

COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria

O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas.
Mapa COVID Galicia 16-11-2002
Mapa COVID Galicia 16-11-2002
COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria

Datos positivos os que recollemos hoxe na plataforma de transparencia do SERGAS. Son 9 os Concellos sen alerta sanitaria por COVID19 na Costa da Morte, cando levábamos varias semanas con só 5 concellos en verde. Aos Concellos de xa estaban en verde estes días, Corcubión, Fisterra, Carnota, Muxía, Muros e Zas, sumámoslle hoxe os de Mazaricos, Dumbría e Camariñas.

Tamén baixa lixeiramente a incidencia en Bergantiños, xa que Ponteceso sae da zona vermella, quedando só 6 concellos en nivel 3.

Deste xeito, o mapa queda do seguinte xeito:

  • Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana e Vimianzo.
  • Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba e Ponteceso.
  • Nivel 21 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe e Cee.

No Hospital Virxe da Xunqueira temos 12 ingresados en planta (1 máis ca onte).

Nos Centros Educativos

O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
CABANA CPI As Revoltas 2 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CAMARIÑAS CEIP de Camelle 1 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 1 1
CARBALLO CEIP de Gándara-Sofán 1 0
CARBALLO CEIP Fogar 28 3
CARBALLO CEIP Xesús San Luís Romero 1 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 3 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 2
CARBALLO IES Alfredo Brañas 7 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 3 0
CARBALLO IES Monte Neme 3 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 7 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 2 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 7 0
MAZARICOS E.I Mazaricos 1 1
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MUROS IES Plurilingüe Fontexería 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
PONTECESO CRA Nosa Señora do Faro 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 2 1
SANTA COMBA CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada 1 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 2 0
VIMIANZO CEIP de Castromil 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 4 0
ZAS CEIP Labarta Pose 3 1
ZAS CPI de Zas 1 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 8 0
TOTAL COSTA DA MORTE 109 11
 

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios