Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Continúa a baixada

  • Facemos balance de incidencia nos centros de ensino
Imaxe do cribado na Laracha
COVID: Continúa a baixada

Cos datos de onte, 4 de febreiro, os 19 Concellos da Costa da Morte suman un total de 870 novos casos rexistrados nos últimos 14 dias. A taxa aproximada de incidencia acumulada rexistra hoxe un valor de 664 casos por cada 100.000 habitantes, un 20% máis baixo que hai unha semana, o 28 de xaneiro, cando parece que chegamos ao pico con 1081 casos en toda a comarca e unha taxa de 824.

Cos cribados en marcha en Malpica e A Laracha, pendentes duns resultados que parece que nunca van chegar dos realizados en Camariñas e Vimianzo, e coa petición de Carballo no aire, a alarma saltaba desta volta arredor da vacinación irregular, cando ElDiario destapaba que a Conselleira Delegada de DomusVi se colaba para vacinarse, mentres só na nosa comarca falecían 20 persoas na súa residencia de Carballo e 12 na de Vimianzo.

Evolucion COVID Costa da Morte 4-01-2021
Datos Covid Costa da Morte 04-02-2021

Centros de ensino

Evolucion COVID Centros Ensino Costa da Morte febreiro 2021

Paralelamente, a incidencia nos Centros de Ensino da comarca segue a ser importante, con maior incidencia que nos meses de novembro e decembro, pero onde parece que tamén superamos o pico a comezos de semana.

Preocupa o CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha, e seguen sendo 10 os centros afectados en Carballo. Hai tamén un repunte no Manuela Rial de Cee, e esta semana volveron haber casos en Carnota, que levaba tempo sen aparecer. Pola contra, os coles de Muxía quedan desafectados.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 2 0
CARNOTA CEIP do Pindo 2 0
CARNOTA IES Lamas do Castelo 1 0
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 2 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 7 0
CARBALLO CPR Artai 3 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 6 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 1
CARBALLO IES Monte Neme 6 0
CARBALLO CEIP Netoma-Razo 3 0
CARBALLO IES Parga Pondal 6 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 3 0
CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 10 0
CEE IES Fernando Blanco 7 0
CEE IES Agra Raices 3 0
CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 3 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 2 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 1
DUMBRÍA CEIP Santa Eulalia de Dumbría 2 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 2 0
LARACHA CEIP Alfredo Brañas 2 0
LARACHA E.I. A Laracha 1 1
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 11 1
LARACHA ES Agra de Leborís 2 0
MALPICA CEIP Milladoiro 7 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 3 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 3 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 2 0
PONTECESO CRA Nosa Señora do Faro 2 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 2 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 3 1
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 6 2
VIMIANZO IES Terra de Soneira 2 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
ZAS CPI de Zas 1 0
ZAS CEIP Labarta Pose 1 0
TOTAL 42 133 7
 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios