Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: Os datos do cribado de Malpica, “os máis altos” dos feitos pola Área Sanitaria

DAtos COVID Costa da Morte 12-02-2021
COVID: Os datos do cribado de Malpica, “os máis altos” dos feitos pola Área Sanitaria

Continúa a intensa actividade de búsqueda de casos positivos de Covid-19 por parte da Área Sanitaria da Coruña-Cee. E despois de analizar os resultados dos cribados de Vimianzo e Camariñas e máis da Laracha, facemos parada no Centro de Saúde de Malpica, onde se desenvolveu un cribado do 4 ao 7 de febreiro.

Os datos demostran que Malpica é a día de hoxe o foco máis importante de toda a comarca. Son 73 casos activos, e 59 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, o que supón unha taxa de incidencia acumulada de 1100 casos por cada 100.000 habitantes.

Pero é que os datos do cribado (entendemos que xa contabilizados nas listaxes da pasada semana) son “os máis altos” dos que leva realizado nos últimos meses a Área Sanitaria Coruña-Cee: 23 positivos das 1.499 probas realizadas (só se presentaron, como en Camariñas e Vimianzo, o 60% dos 2.486 citados). Unha cifra que, extrapolándoa, supón unha taxa de máis 1.500 casos por cada 100.000 habitantes.

Malpica leva con máis de 40 novos casos dende o 24 de xaneiro.

En todo caso, a tendencia xeral segue á baixa, e por exemplo,a comarca de Bergantiños baixa dos 500 novos casos nos últimos 14 días, cifra que superaba dende o 20 de xaneiro.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

i>

Comentarios