Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada

Evolucion COVID Costa da Morte 14-02-2021
COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada

Non por moi esperada a comparecencia de Feijoo era moi esperanzadora. E finalmente cumplíronse os pronósticos, e pesar das protestas das últimas semanas do sector da hostalería, as escasas novidades anunciadas polo presidente da Xunta non provocan a súa apertura.

Feijoo valorou positivamente a utilidade das medidas de restrición aplicadas nas últimas semanas, pero sinalou que non son suficientes para abrir a man, pola “situación preocupante das UCIs”. As cifras a nivel comarcal ratifican tamén a baixada de incidencia, pero aínda nos mantén cunha taxa de incidencia acumulada de 475 casos por cada 100.000 habitantes, 130 puntos menos que hai unha semana e 343 menos que no pico (818 casos alcanzados o 27 de xaneiro).

Deste xeito, Feijoo anunciaba unha serie de medidas que pouca incidencia teñen na nosa comarca:

  • O comercio recupera o seu horario (dende o mércores 17) cunha ocupación do 50 % (os centros comerciais seguirán pechados nas fins de semana).
  • Reabren as portas as bibliotecas, arquivos, salas de exposicións, cines, teatros… cun afoo do 30%.
  • Os transportistas poderán comer no interior de restaurantes de xeito individual e estacións de servizo nas "vías de altas prestacións”.
  • Reábrense as instalacións ao aire libre para o deporte individual e retómase a competición federada autonómica.
  • As clases presenciais nas universidades galegas volverán o 1 de marzo (haberá un cribado masivo entre universitarios). As ensinanzas especiais (escolas de música, idiomas…) retómanse o 22 de febreiro, excepto as clases de vento e canto.

 

Sobre a hostalería Feijooo aseguraba que vai comezar a traballar nun plan consensuado co sector, para facer máis transparente o aforo en cada local, chegando a facer un sistema de rexistro de entradas.

Dentro de 8 días haberá novidades.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios