Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3

Mapa COVID Galicia 14-11-2020
Mapa COVID en Galicia cos datos deste 14-11-2020
COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3

Salvou o peche perimetral da comarca de Bergantiños. Pero apenas un día despois, o Concello da Laracha ponse en nivel de Alerta sanitaria 3. Súmase así ao resto de concellos de Bergantiños (agás Laxe) e Vimianzo. A Laracha, en todo caso, a pesar de que a hostalería segue aberta (e a feira do domingo celébrase coa metade dos postos), a veciñanza non pode acceder a Carballo, Malpica, Coristanco, Cabana, Laxe e Ponteceso, do mesmo xeito que a Arteixo e á Coruña, se o desprazamento non está adecuadamente xustificado segundo algunha das excepcións establecidas.

Quedan agora sen alerta sanitaria Corcubión, Fisterra, Carnota, Muxía; e Muros e Zas (que saen da alerta amarela).

CIFRAS

O mapa de cores de hoxe, despois de comprobar que hai 99 casos activos e 10 aulas pechadas nos Centros de Ensino da comarca, quedan do seguinte xeiro:

  • Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Vimianzo.
  • Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe (pasa a Nivel 1 cos datos do día 15)
  • Nivel 1 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Mazaricos, Dumbría, Cee, Camariñas (pasa a nivel 0 cos datos do día 15), e Santa Comba (pasa a Nivel 2 cos datos do día 15),

Ademais, temos 11 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, os menos ca onte.

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios