Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: Laracha volve ao nivel 3 de alerta

Mapa cos datos de Coronavirus en Galicia do 17-10-2020
Mapa cos datos de Coronavirus en Galicia do 17-10-2020
COVID: Laracha volve ao nivel 3 de alerta

Os datos deste sábado 17 de outubro deixan ao Concello da Laracha de novo situado cun nivel 3 de alerta sanitaria por coronavirus. Quere dicir que agora mesmo hai máis de 21 casos activos, polo que a Xunta activa o nivel vermello.

Precisamente a Comisión Municipal de Seguimento reuníase antonte, aínda con Concello en nivel 2. O Concello ratificaba o reforzo da limpeza nos centros de ensino en horario extraescolar, unha vez que o horario lectivo, e desde que regresou a actividade ás aulas, en todos os centros educativos nos que a limpeza é competencia municipal realízanse a diario un mínimo de tres desinfeccións dos aseos, ademais de reforzar o servizo nas superficies de uso frecuente (pasamáns, pomos de portas, mesas, mobles, etc.), nas zonas privadas do persoal do centro e nos postos de traballo compartidos.

En todo caso, ao non haber restricións específicas (máis que as propostas para toda Galicia de non facer xuntanzas de máis de 10 persoas), poderase celebrar a feira de Paiosaco deste domingo.

A comisión valorou a coordinación entre os diferentes departamentos do Concello coa Policía Local para controlar o cumprimento das corentenas por parte das persoas e familias que deben realizalas.

Como están o resto de concellos

Non hai máis variacións con respecto a onte, cando Zas uníase aos concellos en nivel 1, xunto con Coristanco, Malpica e Muros (entre 7 e 14 casos activos. Carballo mantense en nivel de alerta 2 (entre 14 e 21 casos activos).

Hai un hospitalizado en planta no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios