Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas

CEIP Fogar de Carballo
O CEIP Fogar de Carballo é o centro máis afectado polo covid
COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas

Menstres esperamos a que hoxe a Xunta anuncie oficialmente o “máis que probable” peche perimetral de parte da comarca de Bergantiños, que suporá o peche da hostalería, entre outras cousas, analizamos o impacto do Covid nos centros de ensino.

Un coronavirus que mantén 14 dos 19 concellos en algún nivel de alerta sanitaria, e que tamén ve incrementada a súa influencia entre os escolares da bisbarra. Malia que dende o goberno seguen asegurando que o peche das escolas non está previsto, os casos se multiplican.

Hai apenas 3 semanas eran 45 os casos e só unha aula pechada. Onte o número de casos activos chegaban a 99 e a 10 no caso de aulas pechadas. Ningún centro tivo que ser pechado.

O máis afectado é o CEIP Fogar de Carballo, con 22 casos e 5 aulas pechadas.

Concello Centro Total Positivos Aulas pechadas
Cabana E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
Cabana CPI As Revoltas 3 0
Camariñas CEIP de Camelle 1 0
Camariñas ES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0
Carballo CEEPR Aspaber 1 0
Carballo CEIP de Gándara-Sofán 1 0
Carballo CEIP Fogar 25 5
Carballo CEIP Xesús San Luís Romero 1 0
Carballo CRA Ponte da Pedra 2 0
Carballo IES Alfredo Brañas 5 0
Carballo IES Isidro Parga Pondal 3 0
Carballo IES Monte Neme 1 0
Cee E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
Cee CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
Cee CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 1 0
Cee IES Fernando Blanco 2 0
Coristanco CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
Coristanco CPI Alcalde Xosé Pichel 6 0
Coristanco EFAG Fonteboa 2 0
Laxe CPI Plurilingüe Cabo da Area 7 0
Malpica E.I Malpica 1 1
Malpica CEIP Milladoiro 1 0
Malpica IES Urbano Lugrís 1 0
Ponteceso IES Eduardo Pondal 4 0
Vimianzo CEIP Baíñas 2 0
Vimianzo CEIP de Castromil 1 0
Vimianzo IES Terra de Soneira 5 1
Zas CEIP Labarta Pose 3 1
Zas CPI de Zas 1 0
Zas IES Maximino Romero de Lema 8 0
TOTAL Costa da Morte 99 10
 

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios