Imprimir

COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h

Redacción | 12 de xaneiro de 2021

Imaxe dun cribado de COVID en Muxía
Imaxe dun cribado de COVID en Muxía
  • A Residencia de Maiores DomusVi de Vimianzo rexistrou dous novos falecidos diagnosticados con COVID.

Á falta de coñecer os detalles que dará mañá o presidente e o Conselleiro en rolda de prensa, a Xunta, despois da reunión do Comité Clínico, avanza que subirá a restricións en toda Galicia. Deste xeito, os Concellos de máis de 10.000 habitantes (Carballo e A Laracha na nosa comarca) quedarán no nivel máis alto de restrición, mentres que os de menos pasarán a nivel medio-alto.

Así, todos os Concellos sufrirán restricións de mobilidade (veremos se se manteñen os peches perimetrais conxuntos ou unicamente a nivel municipal), salvo por causas laborais, sanitarias ou para coidar a maiores ou menores. Así mesmo, toda a hostalería pechará ás 18:00h, e só poderán abrir cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior.

Ademais, as reunións están limitadas a un máximo de 4 non convivientes.

Dous novos falecidos en Vimianzo

A situación na residencia DomusVi de Vimianzo segue sendo crítica, e neste comezo de semana xa foron dous os novos falecidos diagnosticados de COVID, con patoloxías previas. O luns era un home de 95 anos e onte unha muller de 84.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/covid-xunta-limita-mobilidade-obriga-pechar-hostaleria-18-00h-todos-concellos/20210112230347124371.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia