Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:04
10/10/08

Crisis

As verdades como puños de José Luis Louzán

Hai un par de anos, no transcorrer dunha reunión de amigos con motivos varios, picando os clásicos manxares da terra, tiven unha interesante discusión, debate mais ben, con alguén que coñezo e que traballaba (e traballa) nunha entidade bancaria nacional. Eu argumentaba sobre a responsabilidade das entidades bancarias polos problemas derivados de dar hipotecas a persoas que resultaba casi evidente para todo o mundo menos paras a propias entidades que non ían poder pagalas. Os tipos de interese eran outros e a posición de esta persoa naquel momento fixo que, diante dun nutrido grupo de amigos, defendese a capa e espada que “a xente non é tonta” e que os bancos non podían comportarse coma a neneira de ninguén. “Este é un negocio coma outro” sentenciou. E hai morreu o conto.

Non podo nestes días, mentres vexo coma entidades finacieiras grandes e pequenas caen ou estouran na su propia incompetencia, mais que lembrar esa conversa. “Este é un negocio” me repito a min mesmo, mentres observo como gobernos de todo corte, conservador ou progresista, desenvolvidos ou por desenvolver, saen a carreira en auxilio desas entidades que “non eran neneiras de ninguén”. Claro, mira ti. A Soberbia e un pecado ben feo, afirmo.

¿Que pasa agora si, inbuidos nun alo revolucionario utópico, milleiros de cidadáns de tódalas clases saísen a rúa para dicir a unha voz “non cos meus cartos, non”?. ¿Que pasaría si a moitos dos mais escéptico/cabreados da última onda que levamos reclamando a obxección de impostos coma medida de presión mais cabal e acertada se nos fixera caso?. Mellor aínda ¿porque non nos fan caso?

Por rematar co asunto, que seguro que volveremos con el cos meses que se aveciñan, si quixera lembrar un par de frases que, penso, poden axudarnos a entender a tomadura de pelo que nos están preparando os que nos dirixen. A primeira e de John M. Keynes, un economista británico que esta considerado coma o fundador da macroenonomía moderna. Keynes dicía que “Si vostede lle debe mil libras a un banco, este o ten a vostede nas súas mans. Agora ben, si vostede lle debe un millón, é vostede quen ten o banco nas súas mans”. Clariño verdade.

Por concluír, Mark Twain, persoa moi ocurrente o autor de “Tom Sawyer e Huckelberry Finn” deixou dito sobre os banqueiros “Un banqueiro é un señor que nos presta un paraugas cando fai sol e nos exise que llo devolvamos cando comeza a chover.”. Pois iso, non vexan a que esta caendo.

  • José Luis Louzán.

Comentarios