Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cristian Méndez: "Pois a verdade é que os aplausos danche enerxía para seguir con todo isto adiante"

Cristian Mendez Militar en Madrid e goleador na Costa
Cristian Méndez, Militar en Madrid e goleador na Costa
Cristian Méndez: "Pois a verdade é que os aplausos danche enerxía para seguir con todo isto adiante"

Militar por Madrid e goleador na Costa, repasamos a actualidade con Cristian Méndez, xogador da Unión Deportiva Cerqueda.

   
  • QPC: Como estás a vivir persoalmente esta situación do coronavirus?

Estouna vivindo con paciencia e tranquilidade, que é o que se debe facer, intentar distraerte con outras cousas e non estar pensando seguido que tes que estar encerrado na casa.

 
  • QPC: Eres militar e estás dentro da Operación Balmis. Cal é a túa labor?

Si, estamos coa Operación Balmis. A miña labor é desinfectar residencias de ancianos, hospitais, e lugares onde se cre convinte que pode estar o virus, e vixiar a rúa, que a xente non se salte as normas, axudando tamém o que nos pide a xente.

 
  • QPC: Como está ser o comportamento da cidadanía?

Pois a verdade é que hai de todo, pero en xeral a xente aquí en Madrid respecta o que se lle di que hai que facer, e sabe do problema que estamos a vivir.

 
  • QPC: Con que problemas vos atopades a diario? Malia ser un asunto moi serio, algunha anécdota singular (algún argumento deses que hai que contar?)

Problemas de todo tipo, xente sen un teito donde vivir que está na rúa, que non ten que comer e eso queiras ou non pois chegache adentro, E axúdalos o pouco que podes. Por exemplo, atopámonos cunha familia así e démoslle a comida que tiñamos enriba nese momento, pouco mais podes facer.
Outra anéctoda que nos pasou, dous chavales que se estaban saltando o confinamento e pregúntaslle que fan na rúa e un diche que van a comprar e outro diche outra cousa… e claro aí vese donde non se dan conta do problema que estamos vivindo.
Logo unha señora que lle axudamos a levar a compra a casa, e a casa estaria non sei a 3-4km e a pobre señora ía cargada ata máis non poder.
E bueno, hai mil historias máis…

 
  • QPC: Estades sentido como propios eses aplausos que a cidadanía estamos brindando cada día ás 20:00h? Que vos din por aí os veciños?

Pois a verdade é que os aplausos danche enerxia para seguir con todo isto adiante. Vés como a xente te apoia desde os balcóns e che berra grazas por todo, e mil cousas máis. Atopámonos con varios nenos, que nos dician que éramos os mellores e os pobres dicíannos que xa tiñan gañas de saír á rúa a xogar, e nós dándolle ánimo que xa queda pouco.
A xente en xeral está orgullosa do que estamos a facer, sanitarios, caixeiros de supermercados, camioneiros etc…

 
  • QPC: Estás na sección de paracaidismo, estabas preparado para o que estás a vivir?

Si,estou na Brigada Paracaidista, aquí preparámonos para todo o que poida pasar día a día, pero agora co coronavirus tivémonos que adaptar a cousas que nunca fixéramos, pero sempre estamos preparados para o que faga falta.

 Cristian Mendez costeiro militar no exercito en Madrid en pleno coronavirus
  • QPC: A polémica dos test, fixéronche as probas, tes medo a ser infectado?

A polémica dos test… A situación é moi complicada para todo mundo, non hai diñeiro para todo, e bueno as probas non mas fixeron. E medo a infectarte sempre tes, isto é o traballo que elexín e pasase o que haxa que pasar.

 
  • QPC: Por sorte na Costa, non está sendo demasiado grave, pero ti que o vives en Madrid como poderías explicar a situación?

Na Costa vexo que non foi demasiado grave. Aquí si, vívese de todo, e ves situacións difíciles que che dan impotencia a non poder facer nada. Pero as cousas son así e queda aguantar e que pase o antes posible todo isto.

 
  • QPC: O traxe de militar sempre impón, pero onde es máis temido, cando encaras o porteiro ou cando te ven traballando?

Pois a verdade é que a xente si que che teme con este uniforme e non debería ser asó, porque estamos para axudar nada máis. E cando encaro ao porteiro, creo que o porteiro lle entra a risa, que a min o de metela dáseme mal… jajaja

 
  • QPC: Está tempada xa empezou rara para ti, destinado en Madrid, tocouche moitas veces, vir, xogar e volver a marchar.

Si, é unha situación un pouco tola. Ir algúns findes só para xogar, moitos xa me din que estou mal da cabeza, collo o coche e 6h para ir o venres e logo o domingo acabamos o partido sobre as 19:00 e algo e son outras 6h no coche para volver. E claro, chego morto a Madrid as tantas da noite e o lunes toleo cando me levanto. Pero bueno, xogar é o que me gusta, e máis o fútbol da Costa co bonito que é.

 
  • QPC: Este ano o Cerqueda esperaba dar un salto de calidade, despois de varias tempadas no top7. Grandes xogadores viñeron, pero pódese dicir que se fracasou?

Pois ata eu mesmo me sorprendín porque demos un salto de calidade brutal. Pero ó ser o primeiro ano con bastante xente nova ó principio costa, creo que nos faltaba rodaxe, pero que ter tiñamos moi bo equipo, e ainda quedaba liga para poder quedar máis arriba.

 
  • QPC: Es un rapaz, futboleiro e festexeiro, que botas máis de menos?

Entre a festa e o fútbol… 50-50 creo eu jajajaja.
Boto de menos pois ter unha vida normal, ir tomar algo cos colegas, ir de festa, os findes de fútbol, e un pouco de todo.

 
  • QPC: Como esperas esa chamada “nova normalidade”, cando por fin se acabe o Covid 19?

Espero que pase moi pronto, que xa hai ganas de volver á normalidade. O primeiro que faga será ir ver a miña nai, e despois haberá que ir beberlle unhas augas ao bar cos compañeiros vendo algún partido, e espero volver pronto a xogar un domingo de Fútbol da Costa.

 

Entrevista en directo

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios