Venres. 29.03.2024
El tiempo

Critican ao goberno de Félix Porto pola falta de previsión ante as últimas inundacións

Critican ao goberno de Félix Porto pola falta de previsión ante as últimas inundacións
Estado no que se atopan algunha das estradas de Muxia tras as choivas da semana pasada Estado no que se atopan algunha das estradas de Muxía tras as choivas da semana pasada Despois da tormenta chega o momento de buscar responsabilidades. E os membros do PP de Muxía teñen claro que "a falta de previsión" por parte do concello, a mala limpeza e a escaseza de mantemento das cunetas e os camiños do municipio agravaron os danos ocasionados polas fortes choivas caídas durante a semana pasada que volveron a provocar numerosas incidencias en toda a comarca. O populares aseguran estar convencidos de que se o goberno local "fixese os deberes", agora os veciños e veciñas de Muxía - principalemente os das parroquias de Lourido, Suxo, Senande, Cibrán e Touriñán - non estarían sufrindo tan importantes danos materiais e económicos. "Está moi ben que agora o alcalde reclame axudas para paliar os danos e axudar aos veciños", indican os populares quen se preguntan os motivos polos que "o señor Félix Porto non se preocupou de manter limpos os camiños e as cunetas para a situación non fose agora tan grave".  Desta forma, os membros do PP aseguran que ésta é unha proba máis do "abandono e olvido" ao que están sometido algunhas parroquias. Os populares aseguran que "dá a sensación de que en Muxía hai veciños de primeira e veciños de segunda" e recoméndalle ao rexidro que "pase un pouco por todo o municipio para coñecer de primeira man os problemas pendentes de resolver". "Non é a primeira vez que os veciños advirten ao señor Porto que a auga atravesa as estradas en canto caen unha gotas", apuntan dende o PP, polo que consideran que a situación se agrava aínda máis.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios