Martes. 23.04.2024
El tiempo

Critican o mal estado no que se atopa o campo de fútbol de Laxe

Critican o mal estado no que se atopa o campo de fútbol de Laxe
campo-futbol-cabo-da-area-laxe A S.D. de Laxe e o PP critican a existencia de banco oxidados, a falta de marcador, porterías sen redes, entre outras cousas Tras unha denuncia presentada pola directiva da Sociedade Deportiva de Laxe sobre o "estado de abandono" no que se atopan as instalación do campo de fútbol da vila, o PP local culpa ao goberno local desta situación. Os populares sinalan que xa no pleno do pasado mes de maio presentaran unha moción instando ao goberno municipal a solucionar estas deficiencias. “Estamos a falar dunha instalación deportiva da que se ten que encargar o goberno municipal”, apunta o portavoz do PP en Laxe - José Luis Pérez Añón - quen subliñou que na actualidade, e ante a falta de mantemento, xogar un partido de fútbol alí “supón un grave perigo para a intengridade dos deportistas e dos espectadores”. Neste sentido, desde o Partido Popular de Laxe lembraron que o rexedor xa se comprometeu hai un ano a levar a cabo os traballos de reforma e mantemento necesarios, pero o certo é que, pasado todo este tempo, “non se fixo absolutamente nada”. A S.D. de Laxe destacaron na súa denuncia a existencia de bancos oxidados, a falta de marcador, o mal funcionamento dos aspersores e das duchas e a ausencia de redes nas porterías e os muros do campo. Fonte  

Comentarios