Sábado. 20.04.2024
El tiempo

CROMA: exposición de pintura e escultura en Muros

CROMA: exposición de pintura e escultura en Muros

Croma exposicion en MurosO vindeiro sábado, día 3 de agosto, foi o día elixido para que catro veciños de Muros presenten, nesa localidade, algunhas das súas recentes creacións. Amalia Costa, Alejandro Senande, Pepa Sestayo e Carmen Senande expoñerán conxuntamente desde ese día e durante todo o mes de agosto cadros e escultura no Centro Multiusos de Sel.

Xa o ano pasado, Amalia, Pepa e Carme exhibiron con Montse París a súa obra pictórica nese recinto. Montse, non pode participar nesta edición por motivos laborais, pero agora únese ao proxecto Alejandro Senande, que aportará unha selección de cadros para enriquecer a exposición.

O acto inaugural celebrarase ás 13 horas na propia sala de exposicións e estará presidido pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo. Os autores encargáronlle a Domingo Guerra que os represente e se encargue do discurso inaugural comentando aos asistentes algúns aspectos da mostra.

Comentarios