Venres. 19.04.2024
El tiempo

A crónica dominical: Un carrusel de infarto, un par de choques de Preferente e un envorco en Veteranos

Parafita baixa un balon co Sofan en Boimorto
Parafita baixa un balon co Sofán en Boimorto
A crónica dominical: Un carrusel de infarto, un par de choques de Preferente e un envorco en Veteranos

Menudo carrusel o vivido esta tarde de domingo de Entroido a través da plataforma www.futboldacosta.com. Un carrusel con só partidos da Liga da Costa (o entroido provocou descanso das ligas de Preferente, 1ª e 3ª), pero tremendamente vibrante, con ata 3 cambios de líder en apenas 2 horas.
A xornada deixa ao Ponteceso como novo líder, cun só punto de vantaxe sobre Esteirana e Corme, trala vitoria do Ponteceso na Rocheira, e os empates de esteiráns e cormeláns ante San Lorenzo e Lira.

Preferente

A xornada deixou ademais varios encontros aprazados, como os da x.17 da Preferente. O máis favorecido da xornada un Fisterra que, sen xogar, mantén a 2ª praza (de ascenso directo á 3ª División) tralas derrotas do Boiro e do Galicia Mugardos. Só o Noia vencía (ollo, que vén como unha frecha) e se achega a 2 puntos dos fisterráns.

O que si xogou foi o Sofán, que sumou un puntiño máis que positivo en Boimorto, deixando a 4 a un rival directo por evitar meterse en líos. Os de Alberto Rodríguez ían perdendo dende a media hora, pero coa entrada de Raúl acabaron metendo na súa área aos locais, e xusto no m.90, un centro desde a banda Raúl Añón era rematado no segundo pau en plancha por Canedo para conseguir un empatiño fantástico.

Veteranos

Onde tamén se viviu unha xornada importantísima foi nas Ligas de Veteranos. O San Román vencía en San Andrés, freando a un cadro zaseiro que puido terse metido media liga no peto. O San Lorenzo, que vencía ao Mazaricos aproveitou o tropezo e o alcanza a 47 puntos, 3 máis que o propio San Román e o Dumbría, que sufríu para vencer nas Redondas ao Cabana. Os 4 equipos xogaranse o título.

Na 1ª, debeu pesar o Entroido en Fisterra e Corme, pois o Ara Solis sumou a segunda derrota da campaña en Leiloio, e o Corme caeu goleado ante o Malpica. Tivo sorte o Corme que o San Ramón caeu en Buño e non o adiantou na loita polo segundo posto de ascenso directo.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios