Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A crónica dominical: O Muxía frea ao San Lorenzo

Novo domingo de carrusel en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar.

Imaxe do Zas-Cerqueda-Foto-Ra
Imaxe do Zas-Cerqueda-Foto-Ra
A crónica dominical: O Muxía frea ao San Lorenzo

As 4 ligas de arriba

Por arriba, un pouco de todo para os nosos na Preferente. O Sofán vencía en Arteixo e se acomoda na zona media-alta. O Fisterra sumou un valioso punto na casa ante un rival directo da zona de arriba, como a Sarriana, mentres que o Xallas segue sen levantar cabeza, pero parece que comeza a competir cara a cara.

Na 1ª, a derrota do Mazaricos contrapona as vitorias de Soneira (remontando ao Riveira), e do Baio na casa, ambos ben colocados. Volantes e Dumbría empataron e fican en situación complicada aínda.

A xornada na Liga da Costa deixa ao Muxía como protagonista, ao frear a un San Lorenzo que chegaba embalado. Agora comparte liderato co Ponteceso, que vencía no último partido da tarde-noite dominical a un Baíñas de capa caída. E preto xa está o Corme. O segundo vagón está formado por Esteirana, Muros e Cee., aínda cun puntiño máis que o propio Muxía.Por abaixo, o Zas de Raúl Periscal sumou o seu primeiro punto ante o Cerqueda, e o Castriz de Miguel o segundo.

FuteFem

Mala xornada para as nosas. O Bergan descansaba e as Miúdas e Cee vían cortadas as súas boas xeiras de resultados.

Base

Segue o Seaia sendo a gran sorpresa desta Liga Xuvenil. Os malpicáns vencían de novo a un Camariñas con moitos problemas, e se manteñen como único equipo con 3 de 3, aproveitando que Outes (porque o Malpica non xuntaba xente) e Cabana descansaron.

En Cadetes é o Fisterra o protagonista, mentres que en infantís a parte alta está moi igualada.

Veteranos

Non pasou do empate o Zas ante o Ponteceso, pero aínda mantense de líder, por diante do San Lorenzo.

 

Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios