Imprimir

CrossDumbría: “A cara de satisfacción dos que nunca correran algo parecido foi o mellor premio que puidemos levar”

que pasa na costa | 17 de xuño de 2019

Caras felices no Cross Dumbria-Foto-Jorge Castro
Caras felices no Cross Dumbria-Foto-Jorge Castro

Non se fai todos os días unha carreira de Obstáculos. E precisamente para achegarlla á veciñanza da comarca, DAFit e o Concello de Dumbría armaron esta pasada fin de semana a I Carreira de Obstáculos Concello de Dumbría. Foron 173 os atletas que participaron nas dúas distancias (2,5 e 7,5 km) e polo de agora non se escoitan máis que boas críticas.

“A cara de satisfación dos que nunca correran algo parecido foi o mellor premio que puidemos levar”, explica Damián Espasandín, membro da familia organizadora de DAFit, e campión mundial da disciplina.

Non era unha carreira especialmente dura, pois a idea é que todo o mundo puidese acabala. Aínda así suaron sangue, ou máis ben lama, para superar os 18 obstáculos propostos no percorrido.

Na categoría absoluta dos 7,5km, foron Rubén Insua Díaz e a estrella mundial Paula Esteiro, os campións, por diante de Alberto Outeda e Javi Barrientos en categoría masculina, e Carmen Castro e Laura Montero, que completaron o podio feminino.

Nos postos de arriba tamén apareceron Christian Danis, Manuel Fernández Saavedra, Raniro González, Kiko García, Dionisio Fabián, Jose Bermídez e Antonio González en homes; e Alicia Novás, Belén Iglesias, Elena Torea e Chega Cajuso en mulleres.

Dende Dumbría, que tanto apostan polo deporte, xa teñen claro que o ano que vén repetirián, cunha proba que de seguro contará con moitos máis participantes.

Participantes no CrossDumbria-Foto-Jorge CastroCrossDumbria-Foto-JorgeCastroPaula Esteiro no Cros Dumbria-Foto-Jorge CastroCross Dumbria 2019-Foto-Jorge Castro
​Fotos de Jorge Castro

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outros-deportes/crosdumbria-cara-satisfaccion-nunca-correran-algo-parecido-foi-mellor-premio-puidemos-levar/20190617112853110723.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA