Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Cruz Vermella Terra de Soneira presentará a súa memoria na Cea Solidaria

Cea Solidaria da Cruz Vermella Terra de Soneira do ano pasado
Cea Solidaria da Cruz Vermella Terra de Soneira do ano pasado
A Cruz Vermella Terra de Soneira presentará a súa memoria na Cea Solidaria

Cea Solidaria da Cruz Vermella de Vimianzo 2019Este sábado 11 de maio a Asemblea Comarcal Terra de Soneira celebrará, como xa é habitual, a presentación da memoria de actividades de 2018, nun acto ao que asistirán autoridades públicas, asociacións, socios, empresas e entidades colaboradoras da zona.

Ademais, durante o acto, a Organización recoñecerá o labor de voluntarios, socios e entidades que desenvolveron iniciativas solidarias ao longo do ano. A presentación terá lugar no restaurante Pastoriza ás 21:00 horas, con entrada libre.

Unha cita que serve para compartir cos socios, empresas, voluntarios e poboación xeral, a actividade da entidade como exercicio de responsabilidade e transparencia

Trala finalización do acto, a Asemblea celebrará unha cea baile solidaria no mesmo establecemento co obxectivo de recaudar fondos para seguir realizando as súas actividades de asistencia social a través dos programas que desenvolve na zona. Nesta ocasión, o prezo da cea é de 25 euros e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo, nos restaurantes Pastoriza e Vía Rápida, así como en loterías Irene. O prazo finaliza o próximo 8 de maio.

Directiva da Cruz Vermella Terra de Soneira

Novas relacionadas

Comentarios