Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A cultura volve a Cee cun programa de actos por Domingo Antonio Andrade

Rua_Domingo_Antonio_de_Andrade.001_-_Cee
Cee ten adicada unha rúa ao arquitecto ceense
A cultura volve a Cee cun programa de actos por Domingo Antonio Andrade

Despois de tres meses de auténtico parón cultural, esta fin de semana volvían á acción algúns teatros da comarca como o de Muros. Outro que volverá á actividade en breve será o Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura do Concello de Cee. E faino arredor da persoa Domingo Antonio de Andrade, excelsa figura do barroco a quen este ano se lle adica o Día das Artes Galegas.

O programa artellado polo técnico Víctor Castiñeira comezará o 16 de xuño, ás 19:00h, cunha Ofrenda floral no seu monumento, seguido polo espectáculo Barrococó, Rilo&Penadique que nos achegará á figura do arquitecto ceense a toda a familia.
O mesmo día ás 20:00h, na sala de exposición da Casa da Cultura inauguraranse as “Domingo de Andrade, un arquitecto universal”, realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego e “Domingo Antonio de Andrade (1639- 1712): de Cee a Compostela, vida e obra dun xenio”. Asistirán  o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana e o director do Museo do Pobo Galego, Manolo Vilar.

Os días 19, 20 e 21 de xuño, ás 21.00 horas, hai un Ciclo de Conferencias no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura.
O venres 19, o arquitecto Juan Creus Andrade trae “Intensa destreza. Algunhas notas sobre a obra de Domingo Antonio de Andrade”.
O sábado 20, o profesor de xeografía e historia no I.E.S. de Sanxenxo, Antonio Leis Castro, falará sobre “o mestre do barroco galego.
E domingo 21, o propio Víctor M. Castiñeira, recuperará algúns Apuntes históricos sobre Andrade e a vila de Cee, que podedes ver na serie que aquí abaixo recollemos.

Novas relacionadas

Especial Domingo Antonio de Andrade, por Víctor Castiñeira

 

Comentarios