Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio

Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio
premios-foucnino-entrega-premios premios-foucnino-entrega-premios Un festival de música emerxente pechou o pasado sábado a II edición dos Premios Fouciño de Baio despois dunha entrega de premios na que o xurado tivo unha ardua tarefa para seleccionar as pezas gañadoras. O xurado (formado por Lucía Regueiro - madriña do evento- , Chema Rei  – experto no audovisual e colaborador de QPC – ; Manuel García Velo – concelleiro de Cultura do concello de Zas -; Adrián Varela – representante do Festiletras e V de Valarés – e Miguel Antelo – representante de Cherinkas de Vimianzo) precisou unhas dúas para decicir as pezas gañadoras. Todos coindiciron en destacar a alta calidade técnica e a orixinalidade das trinta curtas presentadas ao concurso. O veredicto deuse a coñecer nun acto que tivo lugar na praza do parque infantil de Baio onde unha boa parte dos veciños e veciñas de Baio, así como os autores das curtas presentadas, agardaban con gran expectación o momento. "Miñocas", unha curta de animación realizada coa técnica Stop Motion foi a gañadora da categoría libre. O traballo chegou dende O Carballiño e recibiu un premio de 500€ e un fouciño. Na categoría dos institutos, o xurado seleccionou a curta "Antivals", do IES de Cacheiras de Teo, como a gañadora. O premio consistiu nun cheque de 300€ en bonos para gastar nos comercios de Baio e nun fouciño. O público tamén votou pola súa curta favorita despois de que na tarde do sábado tiveran a ocasión de velas en distintos locais da vila. Por maioría, a curta gañadora para o público foi "Miñocas" mais as bases do certame recollían que un mesmo traballo non podía obter dous premios polo que houbo que facer desempate. E tamén por unanimidade, houbo tres curtas que obtiveron a mesma puntucación. Polo que o premio do público - que consistía nun fouciño - otorgouse ex queo a "Esencia MZ. A muller", da asociación cultural Eu Son Mazaricos; "Volver a soñar", de APEM (asociación Pro Enfermos Mentais) e "Xosé, isto non é o que parece", de David Fidalgo Amil. Festival [fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1805002342848397/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Dende a organización sinalan que "o broche de ouro" da segunda edición dos Premios Fouciño veu da man dun festival no que un entregado público gozou coa música de Leo i Arremecaghona, Atrás Tigre, Mondoulious DOP e The Fakes. Antes da entrega de premios, xa actuaran o grupo de regueifeiros e reguiefeiras de Baio e Oîma.   organizadores-premios-foucino Parte do equipo de organización dos Premios Fouciño xunto con Lucía Reguiero, madriña do evento "Estamos satisfeitos coa resposta do público en todas as actividades que se enmarcaron dentro dos Premios Fouciño, tamén coa participación no concurso que se dobraron as cifras do ano pasado así como a difusión mediática que tivo o evento", sinalan os organizadores dos Premios Fouciño que xa están pensando nunha terceira edición. O evento estivo organizado pola asociación cultural Adro de Baio, coa colaboración do concello de Zas e de varios comercios locais. Outras actividades dos Premios Fouciño, en imaxes premios-foucino-mesa-redonda O sábado pola mañá celebrouse unha mesa redonda na que participaron distintos expertos do panorama audiovisual galego   premios-foucino-aspaber Aspaber foi a entidade encargada de realizar os Premios Fouciño premios-foucino-proxeccion-curtas Distintos bares de Baio acolleron a proxección das curtas presentadas no concurso dos Premios Fouciño   premios-foucino-obradoiro Vinte nenos e nenas participaron no obradoiro de cine impartido por Ramiro Rodríguez dos Santos e Borja Rodríguez Cedrún   premios-foucino-documentais Duante a semana, proxectaronse distintos documentais na entreplanta do edificio Pomares premios-foucino-lucia-regueiro A actriz Lucía Reguerio foi a madriña da II edición dos Premios Fouciño de Baio Hoxe continúa a festa en Baio coa celebración de san Cristovo que destaca por unha procesión de coches con máis de 75 anos de historia. https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1804719819543316/    

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios