Mércores. 24.04.2024
El tiempo

CxG, camiño da desaparición

Varios membros da Costa da Morte formaron parte da executiva de CxG
CxG, camiño da desaparición

”É unha mágoa que un proxecto tan ilusionante e necesario como era CxG desapareza, pero vai camiño diso”. A que fala é María Xosé Alfonso, ex alcaldesa de Muros da man de Compromiso por Galicia que hai tempo que solicitou a baixa como afiliada malia manterse no grupo municipal baixo as mesmas siglas.

A realidade é que o proxecto está caendo polo seu propio peso e varios membros da Executiva de Compromiso por Galicia veñen de presentar a súa dimisión nese órgano.

Na comarca, con peso político, temos un alcalde baixo esas cores verdes, David Barbeira, en Santa Comba, inmerso na vida municipal pero tamén avalando un novo proxecto do que pronto teremos novidades.

Son concretamente 6 os membros da Comisión Executiva de Compromiso por Galicia elexida no III Congreso do partido celebrado no pasado mes de setembro os que renuncian a seguir neste órgano por non compartir o modo autoritario de proceder do seu Secretario Xeral, o lucense Juan Carlos Piñeiro Docampo. Suso Ares, asesor do alcalde de Santa Comba, é un dos que presentou a dimisión da directiva, xunto aso óscar Casais, Maxi Vázquez, Xabier, Eva Rosende e Paula Rey.
A expulsión da Secretaría de Finanzas, e a cesión do cargo da Secretaría Técnica, “sin dar opción a defensa nin seguir os procedementos legais nestes casos”, son decisións que para estes 6 membros son “directamente unha afrenta ós dereitos mais elementales dun afiliado”.

Comentarios