Venres. 29.03.2024
El tiempo

Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido

Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido
Mikaela de Buño 2017 Espectacular sempre o ambienta no vía crucis de Bares que é a Mikaela de Buño A queima da Mikaela-Foto-Patri Barrientos A queima da Mikaela-Foto-Patri Barrientos

Fermoso é o final do Entroido por Bergantiños. A tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte, e especial na comarca bergantiñá, é fantástica. E entre todos eses nomes de persoeiros singulares, destaca a Mikaela de Buño, esa festa á que acode toda a mocidade da comarca, sen exclusión.

Espectacular estaba este ano a exuberante figura subida no seu remolque habitual para facer ese via crucis de bares que forma a festa da capital oleira. Xa dende primeira hora da tarde os cubatas son os protagonistas, para ver á protagonista e ao bus da troula. A Mikaela engalanada coma sempre, iso si, cun lazo rosa no peito para apoiar a loita contra o cancro de mama.

Foi David Perdomo, o humorista herculino, o que fixo o sepelio antes da queima, e de abrir a conta atrás para a festa das festas do inverno para a mocidade bergantiñán.

A Mikaela dende o bus-Foto-Jose souto A Mikaela dende o bus-Foto-Jose souto  

Faustino e Farruco

Máis tradicional é a cita de Seaia e a capital municipal cos xa amigos o Faustino e o Farruco, que unen os seus cadaleitos para despedir este entroido a ritmo de charanga. A nota negativa foi o mal tempo, que impediu que a queima no porto fose tan multitudinaria como outros anos.

https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1347180431972062/  

E tradición pura en Cerqueda

Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda 2 Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda

E se falamos de tradición, temos que irmos ata Cerqueda, onde os Madamitos e Ghuadineros demostran que o entroido é un mundo interxeracional. A parroquia demostra a unión entre os maiores, a cultura e a mocidade.

Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda  

O Caietano de Laxe

Enterro do Caietano de Laxe 2017 Sepelio do Caietano de Laxe

Fermosa é a historia do Don Caietano, este persoeiro recuperado en Laxe dende 2009. Se o pasado venres, o "borrachín do pueblo" conseguía ser nomeado alcalde a base de untar de viño aos conveciños, ao longo da semana non resistía a presión e finaba. Así, este pasado venres tiña lugar o singular sepelio, a ritmo de batucada, para dar un peche da fin de festa coa tradicional queima na praia.

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154944476807177/ Charanga mortal para o caietano Charanga mortal para despedir o Caietano  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios