Venres. 19.04.2024
El tiempo

DaFit volve de estreo

DaFit volve de estreo

Tras o pequeno parón no período estival regresamos coa nosa sección DaFit. Seguiremos contándovos inquedanzas, novidades, curiosidades e rarezas como viñamos facendo ate o de agora; arredor dos hábitos saudables, alimentación e nutrición, deporte e ocio, etcétera. Así como, orientacións ou ben pequenos consellos que esperemos sexan da vosa utilidade.

Retornamos con máis enerxía ca nunca, pois estamos como “nenos con zapatos novos”, si, si! Estamos de estreno! Resulta que o pasado domingo 30 de outubro demos un pasiño máis en DaFit, mudámonos! non debería ser moi simbólico xa que seguimos na mesma rúa (Avenida Finisterre, en Cee) pero ó outro lado, do local 75 pasamos ó 78. Sen embargo, para nós é un cambio substancial, algo máis que un cambio de local ou de centro de traballo... No anterior invertimos moitas ilusións e ganas, e para nós era a nosa segunda casa. Pero esta casiña foi quedándosenos algo pequena, e era obrigado facelo, necesitábamos un cambio.

Agora dispomos de novas instalacións, espazos máis amplos e mellor aproveitados, material novo e como non.. novas e novos veciñas/os. Este cambio ven artellándose co fin de ofrecer unha maior calidade nos nosos servizos. Acadar os obxectivos e metas, as cales vós vos marcades e onde, indudablemente, tentamos involucramos día a día.

dafit-estrea-novas-instalacions-en-cee

Como todo cambio toca facer balance e reflexión, e como non pois queremos compartila con toda a audiencia do QPC.

Resulta que, este mes estamos de aniversario como empresa. En novembro do ano 2013, cun capital mínimo pero cunhas ideas moi claras, iniciamos a nosa aventura, configurándonos como empresa de Adestramento Persoal, dirixida ó público da Costa da Morte, unha pequena e innovadora empresa na comarca, onde o Ocio tamén ten cabida. Como adestradores iniciámonos nunha pequena sala, duns escasos 15m², a mellor ferramenta de marketing que tiñamos eran os bos resultados das/dos nosas/as clientes e a mellor publicidade era o boca a boca. Pouquiño a pouco a nosa carteira de clientes foi medrando. Ó cabo dun ano, alugamos un baixo máis amplo que nos permitise ofrecer un servizo máis completo e personalizado, ó que definiamos anteriormente, como a nosa segunda casa, quizais polas horas que alí invertimos e pasamos.

Este ano, e xa van tres, tivemos a oportunidade de cambiar de local, con todo o que elo implica, incertidume, medos, pero sobre todo: un novo reto e unha maior MOTIVACIÓN. Queremos facervos partícipes e que sen compromiso veñades a coñecernos: ó equipo DaFit, ós servizos dos que dispomos e ofrecemos e as novas instalacións, das que con tanto orgullo vos estamos a falar.

Queremos agradecer a todas e todos os que creron en nos, os que nos seguiron dando alas , alentando e apoiando. Tres anos a nivel empresarial son poucos, pero o balance que aquí facemos non é da situación económica, de perdas ou ganancias, senón un balance persoal, polo que tres pode que sexa unha cantidade ben pequena, pero o nivel de intensidade destes tres anos diremos que foi moi elevado. Así que GRACIAS, dafiter@s!!

  • Artigo realizado por Paula Martínez, de DaFIT.
 

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios