Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race

Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race
Damian Espasandin a esquerda cos seus companeiros trala Gladiator Race de Pontevedra Damián Espasandín, á esquerda, cos seus compañeiros trala Gladiator Race de Pontevedra Como van a nosa parella de gladiadores soneirán. Damián Espasandín (Vimianzo) e Paula Esteiro (Camariñas) veñen de participar na Gladiator Race celebrada este pasado sábado en Pontevedra. Unha proba puntuable para o campionato de España na que participaron máis de 2000 valentes. Pero ollo cos resultados, que se Damián quedou 3º en Élite Pro Masculino, Paula gañou a carreira en Élite Pro Feminino, as categorías máis esixentes. Uns resultados que lle permiten subir ao vimiancés, unha das almas de DAFIT, ao 3º posto da clasificación xeral, mentres que a camariñá é xa 2ª a nivel nacional. Paula a esqueda foi primeira Paula Esteiro, á esquerda, e Damián, terceiro pola esquerda, co equipo Ademais, como equipos van de 1ª na categoría máis alta, a de Elite. Unha categoría na que tamén participou o equipo de tanda popular de DAFIT, que quedaron nada menos que no 2º posto. O Conco Box Team de DaFIT en Pontevedra O Conco Box Team de DaFIT en Pontevedra Equipo de DAFIT-Conco Box no Gladiator de Pontevedra Equipo de DAFIT-Conco Box no Gladiator de Pontevedra

Camiño ao Europeo

Toca pensar xa no Campionato de Europa que se celebra a primeira fin de semana de xullo en Holanda. Pero tamén teñen as miras postas no Mundial, que se celebrará en Canada en outubro, emais no Nacional, que terá lugar en Badajoz o vindeiro mes de novembro.  

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios