Venres. 19.04.2024
El tiempo

Daniel Garcia Cotelo: “O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada”

Lois Carballido Candidato PSOE Ponteceso eleccions municipais 2019
Lois Carballido Candidato
Daniel Garcia Cotelo: “O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada”

Bota o PP máis lume á cachela prendida no seo do goberno socialista de Ponteceso. O voceiro popular Daniel García Cotelo recoñece que “non lle pilla de sorpresa a crises socialista. Sabíamos que estaban descontentos, pero non sabíamos que estaban tan descontentos”. Para García Cotelo é clave a postura do teniente alcalde, que ata o de agora era a man dereita do alcalde pero que de repente cambiou a súa postura.

Cotelo entende que “traballar como alcalde e como profesor non é viable, sobre todo se non hai unha persoa de confianza que quede ao mando no Concello”. Por iso entende que a “situación é ingobernable”, e pide aos 5 edís que dean un paso adiante para sacar o concello desta crise institucional: “O problema teñen que solucionalo os que o xeraron. Ou dimite o alcalde, ou que o boten fóra. Que pasen ao grupo dos non adscritos, e que falen con nós para sacar adiante unha moción de censura”, explica. “Como esperen e botemos 3 anos con el a medias, aos 3 anos vailles facer como lles fixo aos anteriores”.

García Cotelo avísalle a Carballido de que “o problema non é o seu soldo”, e explica que a moción da baixada de soldo serviu para medir o descontento dos seus edís. E aproveita para lembrar como rompeu ou tripartito, como “deixou tirados aos anteriores concelleiros”.

Así, García Cotelo pídelle que “sexa coherente, e abandoe a alcaldía polo ben dos veciños de Ponteceso. Non se aferre ao sillón, pois isto é como o título da película Crónica dunha morte anunciada”.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios