Martes. 23.04.2024
El tiempo

Daniel García Cotelo toma o relevo defintivo de Fondo Aguiar no PP de Ponteceso

Daniel Garcia Cotelo voceiro do PP de Ponteceso
Daniel Garcia Cotelo, no centro, nun dos últimos plenos, será o presidente da xestora do PP de Ponteceso
Daniel García Cotelo toma o relevo defintivo de Fondo Aguiar no PP de Ponteceso

Chegou, tarde, pero chegou a renovación no PP pontecesán. Parece evidente que a decisión de José Luís Fondo Aguiar de intentar perpetuarse antes das pasadas eleccións de maio non foi a decisión correcta. Unha boa renovación a tempo puidera ter permitido ao grupo popular prantar batalla a un grupo socialista que sacou maioría absoluta.

En todo caso, o paso está dado. O xa actual concelleiro e voceiro, Daniel García Cotelo, será a ademais o presidente a nova xestora do Partido Popular de Ponteceso.

A renovada xestora estará composta tamén polos vocais: Marta María Carrillo, Juan Manuel Álvarez de Sotomayor, Jesús Antonio Vidal, Álvaro Domínguez, Antonio Pouse, José Ramón Lema, Beatriz, Martínez e Adolfo Francisco Valiña. Bótase de menos a presencia de Óscar Rey Calo, en todo caso, un deses políticos empeñados en traballar por e para o seu pobo.

Comentarios