Venres. 19.04.2024
El tiempo
David Castro
21:05
06/02/14

David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas

David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas
David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil con 6 protagonistas

Esta fin de semana dá comezo a liguilla previa á fase de ascenso xuvenil. Cabana SD, CF Dumbría, Xallas de Santa Comba CF, Corme CF, SCD Malpica e SD Esteirana son os seis equipos que pelexarán polas dúas prazas que dan dereito a disputar a fase de ascenso á liga galega xuvenil.

O claro favorito é o CF Dumbría, que dirixen Óscar Leis e Diego Lobelos, equipo que rematou como campión no grupo sur, cedendo tan só dous empates e unha derrota. Pero nesto do deporte rei nunca se sabe e calquera pode dar a sorpresa e máis no sempre impredecible fútbol da Costa. Outro dos equipos a bater será a SD Esteirana, na cal os Raúl, Josiño e Pablo, entre outros, son capaces de desequilibrar un encontro en calquera momento. Mentras o Cabana intentará demostrar porque foi campión do grupo norte, cun gran bloque que ten a Diego Cachadiña como director de orquestra. O equipo de sangue azul, o Corme CF, intentará a clasificación para a fase de ascenso co seu fútbol alegre que sempre fan os talentosos Juanma, Joshua e Sergio Sueiro, entre outros. Mentras tanto, a SCD Malpica, de Fernando Varela, destaca pola súa fortaleza como bloque ademáis de demostrar ser un equipo que ten moito gol nas botas de Pitís, Kevin e Almeida. Por outra banda, o Xallas de Santa Comba, que dirixe Rafa, chega nun gran estado de forma logo de recuperar a todos os seus homes e seguro que dará moito que falar de cara a esta liguilla previa á fase de ascenso.

A opinión dos protagonistas:

  • 1.- Cales son os teus dous favoritos para clasificarse para a fase?
  • 2.- Como ves o teu equipo de cara a esta liguilla?
  • 3.- Que xogador pensas que vai marcar as diferencias?
  • 4.- Ves algún destes conxuntos disputando a liga galega o vindeiro ano?

José Castro “Cabana”, defensa do CF Dumbría.

Cabana -Foto Sole Santos
  • 1.- Como favoritos, sendo o máis realista posible, vexo á Esteirana, xa que ten un equipo impresionante sobre todo na liña ofensiva, ten uns dianteiros e un mediapunta magnífico que fai o seu xogo sexa o máis vertical posible, e eso fainos un equipo moi perigoso. O outro conxunto é o Xallas de Santa Comba, véxoos como favoritos porque esta institución sabe competir moi ben e teñen unha casta incríble e tamén é un bloque moi sólido.
  • 2.- A nós, véxonos moi ben xa que vimos de competir moi ben toda esta liga que gañamos pero quizais nesta fase teñamos que poñer un punto máis de intesidade, xa que pecamos moito deso nalgúns partidos e nesta fase esa falta de intensidade pode deixarte fóra.
  • 3.- Os xogadores que penso que van destacar son Raúl Leston e Josiño da Esteirana eses rapaces rezuman calidade a máis non poder. Adrián Alcaina porque este rapaz ten a visión e a colocación do Dumbría na súa mente, Javi Canosa e José Marcote porque penso que son os mellores dianteiros da liguilla, Iván, dianteiro do XSC porque é moi perigoso e moi rápido e en menos de nada crea perigo. E Dani e Iván Mato xa que sen eles o Cabana non é tan determinante.
  • 4.- Sinceramente todos podemos ter posibilidades, pero é moi complicado ascender pero con traballo, esforzo e bo xogo podemos estar calquera equipo dos seis que xogamos a liguilla previa á fase.

Adrián Vázquez, porteiro do Cabana SD.

Adrian Vazquez- Foto Santi Diaz
    1.- Favoritos non sei, porque non sei que nivel hai na outra liga, pero pola experiencia do ano pasado creo que vai estar todo moi igualado.
  • 2.- O meu equipo véxoo con gañas, e eso é moi importante, asique esperamos que as cousas saian ben.
  • 3.- Un xogador que me gustou moito por como xoga sempre é Diego Cachadiña, e creo que foi moi importante no noso equipo, e que aínda o será.
  • 4.- Eu creo que este ano pode ser que ascenda algún equipo da Costa, pero depende moito, xa que ten que ver que a liga é moi grande, xa que disputamos liga, liguilla, copa e despois a fase. A tempada é longa e é moi importante o físico e o estado do equipo.

Raúl Lestón, dianteiro da SD Esteirana.

Raul Leston- Foto Cesar Esteiro
  • 1.-Os favoritos seremos a Esteirana e o Dumbría.
  • 2.- Bastante ben, xa que na última xornada lle gañamos ao Dumbría 3-1 e se estamos todos podemos ter moitas opcións.
  • 3.- Pódeo marcar calquera, pero sobre todo Jose Barreiro, Pablo Rama, Alberto Codesido, José Marcote e Pablo Pardiñas.
  • 4.- A verdade é que si.


Joshua Pradero, mediocentro do Corme CF.

Joshua- Foto Jorge Parri
  • 1.- Para min, os dous favoritos son o Dumbría e a Esteirana, posto que os números falan a favor deles.
  • 2.- O equipo véxoo nun bo momento de forma e con ganas de ofrecer todo o que pode.
  • 3.- As diferenzas penso que nadie as vai marcar, non coñezo ningún xogador tan bo como para marcar a diferenza.
  • 4.- Realmente ningún destes equipos os vexo en galega para o ano, pero de estar algún só vexo ao Dumbría, posto que o poderío económico di moito o seu favor.
Sergio Barbeira- Foto Omic Santa Comba

Sergio Barbeira, dianteiro do Xallas de Santa Comba CF.

  • 1.- Dumbría e Xallas de Santa Comba.
  • 2.- Vexo ao Xallas con moitas ganas de quedar entre os dous primeiros postos e encontrámonos ben fisicamente.
  • 3.- Iván do Xallas e Javi do Dumbría.
  • 4.- Sí, creo que todos os equipos que están na liga merecen estar nela.

Julito Almeida, dianteiro da SCD Malpica.

Almeida -Foto Luis Porto
  • 1.- Dumbría e Esteirana.
  • 2.- O meu equipo creo que pode pelexar por estar entre os tres primeiros.
  • 3.- Xogadores da liga do grupo tres nin idea xa que non conozco a ningún e do noso grupo, Diego Cachadiña do Cabana.
  • 4.- No, paréceme que van estar na Costa calquera dos equipos.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios