Venres. 19.04.2024
El tiempo

David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries

David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
Teresa Segura e David Sainz imparten un obradoiro dentro do festival Carballo Interplay Teresa Segura e David Sáinz imparten un obradoiro dentro do festival Carballo Interplay A pouco máis dunha semana para o III Festival Carballo Interplay, o evento xa vai collendo forma. E faino da mellor maneira: creando. Esta semana previa ao evento o FormaCIP, o ciclo de formación do Carballo Interplay, contará cuns mestres de excepción. David Saínz e Teresa Segura, responsables de Malviviendo, unha das pioneiras e das máis populares webseries españolas, estarán en Carballo para impartir o obradoiro de Creación dunha webserie. Dende hoxe, martes 26 de abril, ata o vindeiro domingo, día 1 de maio, estes dous artistas e viners sevillanos compartirán nun curso teórico-práctico os seus coñecementos e experiencia na posta en marcha dun proxecto de ficción seriada para a rede, dende a creación do guión ata a súa distribución. O obradoiro, aínda que cunha importante parte teórica, está formulado como un exercicio práctico no que os alumnos actuarán como unha equipa e crearán un proxecto conxunto. A webserie resultante poderá verse o primeiro día do Carballo Interplay, o xoves 5 de maio, ás 12:30 horas no auditorio do Forum de Carballo. David Saínz e Teresa Segura forman parte da produtora Diffferent Entertainment, de Dos Hermanas (Sevilla). Fixéronse coñecidos pola webserie Malviviendo, que conta a vida dun grupo de amigos dun barrio marxinal ficticio de Sevilla, no que a droga, a violencia e la delincuencia son parte do día a día. A serie mistura humor e denuncia social e, dende a súa estrea en 2008, foi medrando en popularidade ata chegar a contar con artistas famosos nalgún dos seus capítulos. Nesta edición do CIP, ademais de participar no FormaCIP, os de Different Enterteinment estrearán en exclusiva, o venres 6 de maio ás 20horas, a segunda temporada da súa última creación, Entertainment, unha webserie en falso documental que conta a vida dos membros da produtora despois de Malviviendo. FormaCIP Ademais do curso de creación de webserie que se desenvolve esta semana, o programa do FormaCIP, que se celebra nos meses previos ao Festival Carballo Interplay organizado polo concello de Carballo, inclúe este ano outros obradoiros para adultos, estudantes e nenos. No mes de marzo celebráronse os obradoiros para adultos e estudantes de “A web como canle para contar historias”, impartido por Oscar Otero; e “Producción e Financiación”, impartido por Felipe Lage. Xa en abril, “Márketins na rede e dende abaixo para o teu produto audiovisual”, impartido por María Yáñez; e Dirección de actores, impartido por Alfonso Zarauza. Nesta última semana de abril e durante a celebración do festival, chegará o turno dos nenos, que poderán participar gratuitamente nos obradoiros de Robótica express: programación e electrónica con Arduino, que impartirá Code Monsters; Micropaleta gráfica Codeco, impartido por Esferobite; e Creación de emoticonos analóxicos, impartido por Paula Fraile.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios