Venres. 29.03.2024
El tiempo

De Autovía a Corredor: Un novo recorte para a imprescindible infraestrutura da Costa da Morte

De Autovía a Corredor: Un novo recorte para a imprescindible infraestrutura da Costa da Morte

Vista do xa corridor da Costa da Morte na saída de Salto-Vimianzo. As obras cara Berdoias xa foron avanzadas no seu día Vista do xa corridor da Costa da Morte na saída de Salto-Vimianzo. As obras de movementos de terras ata Berdoias xa foron avanzadas hai anos Aínda imos ter que sufrir moitos recortes de aquí ata que se remate a prometida Autovía da Costa da Morte. Podemos falar de prazos incumpridos (lembren, 13 anos dende as primeiras promesas pasaron ata a inauguración da metade da infraestrutura o pasado verán), ou de treitos esquecidos (que foi da variante de Brens?). E agora podemos falar de promesas modificadas. A última, o anuncio da Conselleira de Infraestruturas, Ethet Vázquez, que recoñece que “a conversión dun pequeno novo tramo de Autovía nun de Corredor”, é dicir, 1 carril no canto de 2. Un novo recorte para unha necesaria infaestrutura que xa parece que non imos poder disfrutar, ao completo, en vida. A Conselleira referiuse ao novo treito que pretende licitar, en breve, a Xunta. Un treito de 5 km entre Salto (onde morre a día de hoxe, e xa en forma de corredor) ata a estrada que une Vimianzo e Camariñas. Polo de pronto, non parece que a obra poida continuar, a pesar de que os movementos de terras realizados hai xa anos, chegan ata Berdoias. Os primeiros en saltar á palestra son os membros do BNG, que  despois de esixir o remate da Autovía ata Cee, consideran este novo recorte como “unha tomadura de pelo”, e unha “traizón do PP á Costa da Morte”. Para o BNG “a realidade é que será imposible que a bisbarra poida sair do atraso económico e industrial actual, mentres non haxa unhas vías de comunicación modernas, rápidas e seguras. Os polígonos industriais de Vimianzo e Cee precisan, a mais de adecuar os prezos a realidade, teren comunicación decente co resto do país. Do mesmo xeito, o porto de Brens, do que a Xunta presume cada dous por tres, necesita tamén unha saída acorde por terra para poder aproveitar os seus potenciais”. Así, o BNG pregúntase “que vai pasar co tramo até Berdoias primeiro, e até Cee e Brens despois”.  

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios